02 Aneae e anee
Índice tema

2.4.  Avaliación e informe psicopedagóxico. Ditame de escolarización .

2.4.1. Disposicións legais fundamentais

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Arts. 34º, 35º e 36º.

Orde do 31 de outubro de 1996 pola que se regula a avaliación psicopedagóxica dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as ensinanzas de réxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a realización do dictame de escolarización. (DOG 19/12/1996).

2.4.2. Actuacións que precisan a avaliación psicopedagóxica, informe ou ditame do DO. A normativa que citamos a continuación é a que recolle expresamente a referencia á necesidade de informe ou ditame dos servizos de orientación como condición para o desenvolvemento das medidas referidas, sen prexuízo de que na organización e aplicación destas medidas sexa de aplicación regulamentación adicional.

2.4.2.1.Escolarización

Escolarización nunha modalidade distinta á ordinaria: centros_aulas de educación especial, escolarización combinada, centros combinados de escolarización preferente... É necesario ditame con avaliación psicopedagóxica previa.

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Art. 36

Solicitude de admisión de ANEAE nas prazas da reserva.  Realízase  avaliación psicopedagóxica inicial.

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG, 15/03/13).Art. 38º.1.

2.4.2.2. Flexibilización. Sobredotación

Precisa informe de avaliación psicopedagóxica.

Orde do 28 de outubro de 1996 pola que se regulan as condicións e o procedemento para flexibilizar a duración do período de escolarización obrigatoria dos alumnos con necesidades educativas especiais, asociadas a condicións persoais de sobredotación intelectual. (DOG,28/11/96). Art. 7º.

Orde do 23 de novembro de 2007 pola que se regula a avaliación na educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG, 30/11/2007). Art. 7º.3. 

2.4.2.3. Flexibilización. Necesidades educativas especiais.

Con informe dos servizos de orientación.

Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais (DOG 30/01/03). Art. 26º, 30º, 31º e 32º.

2.4.2.4. Adaptación curricular

Precisa de avaliación psicopedagóxica previa.

Orde do 6 de outubro de 1995 pola que se regulan as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeral. (DOG, 07/11/95). Art. 7º.

2.4.2.5. Fundamentación da necesidade de atención de coidadores, medios materiais complementarios…

Precisa ditame con avaliación psicopedagóxica previa.

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Art. 36º.

2.4.2.6. Aplicación de medidas extraordinarias

Será necesario, se é o caso, informe xustificativo  do Servizo de Orientación.

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11). Art. 9º.

2.4.2.7. Informe final na EP sobre o proceso educativo do alumnado que fose obxecto de atencións derivadas de necesidades educativas especiais.

Estes alumnos foron necesariamente na súa escolarización obxecto de avaliación psicopedagóxica.

Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización de alumnos con necesidades educativas especiais (DOG 30/01/03). Art. 20º.