01 Atención á diversidade
Índice tema

1.2. O Decreto de atención á diversidade e a Orde de escolarización de alumnos con nee.

Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación (DOG, 21/12/11).

Regula cuestións relativas á escolarización en distintas modalidades e etapas, recursos, etc. Salientamos:

Medidas ordinarias de atención á diversidade. Art. 8. Destacamos:

  1. Adaptación dos tempos e instrumentos ou procedementos de avaliación.
  2. Aulas de atención educativa e convivencia e medidas e actuacións destinadas á mellora da convivencia.
  3. Reforzo educativo e apoio do profesorado con dispoñibilidade horaria.

Medidas extraordinarias. Art. 9. Destacamos:

  1. Adaptacións curriculares.
  2. Apoio do profesorado especialista en Pedagoxía Terapéutica e/ou en Audición e Linguaxe.
  3. Flexibilización da duración do período de escolarización.

Plan Xeral de Atención á Diversidade. Capítulo II. Sección 3ª

Escolarización. Capítulo III. 

Promoción da escolarización e da formación. Capítulo IV. Destacamos:

  1. Absentismo: ausencia sen causa debidamente xustificada de, cando menos, un 10% do horario lectivo mensual. Art. 22º.
  2. Procedementos de actuación ante desescolarización absentismo e/ou abandono escolar temperán . Art. 23º.3.
  3. Atención educativa hospitalaria e domiciliaria. Art. 25º
  4. Alumnado menor sometido a medidas de responsabilidade penal. Art. 26º. (Ver apartado 2.7 deste documento).
  5. Alumnado sometido a medidas de protección e tutela. Art. 27º.
    • Consideración de aneae por condicións persoais ou de historia escolar.
    • Garantía de praza escolar no centro no que se escolaricen os fillos ou nenos acollidos da familia.
    • Cambios de centro derivados destas medidas: tramitación e resolución con carácter urxente.
  6. Alumnado afectado por medidas de violencia de xénero e/ou acoso escolar. Art. 28º.
  7. Alumnado pertencente a familias itinerantes. Art. 29º.
  8. Alumnado procedente do estranxeiro. Art. 30º.
  9. Atención educativa a mozas embarazadas. Art. 31º.
    • Medidas necesarias para continuación de estudos da menor durante o embarazo e nos dous anos seguintes ao parto. Posibilidade de asistencia intermitente. Dereito extensible ao pai con comportamento de paternidade responsable.

Alumnado con necesidade específica de apoio educativo. Capítulo V.

Recursos. Capítulo VI.

  1. Dotación de recursos materiais e humanos (PT/AL).
  2. Proposta de organización da atención de profesorado de PT/AL: realizada polo orientador de acordo cos criterios do PXAD e coa participación do titor do alumno e o profesor de PT/AL.

Participación e coordinación. Capítulo VII.

  1. Mecanismos de coordinación entre distintas etapas e centros educativos: PXAD. Art. 41º.
Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con necesidades educativas especiais (DOG 30/01/03). 

Esta Orde tiña por obxecto desenvolver o D 320/1996, do 26 de xullo, de ordenación da educación de alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais, derrogado polo D 229/2011. Se ben o D 229/2011 modifica aspectos regulados nesta Orde, outras cuestións, como o procedemento de flexibilización do período de escolarización nas distintas etapas, aínda seguen vixentes.