Trucos para introducir datos nas celas de Calc

  • Para escribir números de forma que o programa Calc os interprete como texto basta con introducilos precedidos por unha comiña simple ‘ ( que se atopa na mesma tecla que o signo de interrogación).
  • Se o ancho ou o alto da fila o permite, podemos aliñar o seu contido na parte superior, centrado ou na parte baixa da cela. Para iso temos que ir a Formatar celas do menú contextual abrimos a pestana Aliñeación e seleccionamos a opción desexada tanto en horizontal como en vertical,  e tamén o ángulo no que vai a estar o texto con respecto os bordos. Cando o texto é máis grande que o ancho da cela pódese, en Propiedades,  axustalo automaticamente ao tamaño da cela, mostrándose o texto en dúas ou máis liñas, ou reducir o seu tamaño ata axustalo ao tamaño da cela.
  • Para saltar de liña dentro dunha mesma cela utilizaremos a tecla intro mentras mantemos pulsada a tecla Control.
  • As teclas de navegación permiten movernos polas diferentes celas da folla, e tamén podemos movernos co rato. As teclas de navegación son:

TECLA

DESPRAZAMENTO A

Frecha da esquerda

Cela da esquerda

Frecha da dereita

Cela da dereita

Frecha de arriba

Cela de arriba

Frecha de abaixo

Cela de abaixo

Inicio

Comezo dunha fila

Fin

Final da fila

Tabulador

Cela seguinte

Maiúsculas + Tab

Cela anterior

  • Para validar os datos introducidos nunha cela utilízase a tecla intro, pero tamén podería servir o Tabulador ou calquera outra tecla de navegación. Unha vez feita unha corrección engadindo ou modificando o contido da cela, deberíamos utilizar Intro ou Tab para validar as modificacións.
  • Existen tres maneiras básicas de copiar – pegar a información dunha cela a outra:
 
  • Mediante as iconas da barra estándar , cortar, copiar, pegar (nesta orde) e o pegado pode ser como Metaficheiro GDI,   Mapa de bits ou Embed Source.
  • Dende o menú Editar.
  • Utilizando o menú contextual.
  • Nas celas A7 a A11 escribimos o texto Folla 1, Folla 2, Folla 3 e Folla 4, con formato Arial 10. Para introducir este texto podemos usar o seguinte truco. Unha vez escrito os textos nas celas A7 e A8, e seleccionamos estas dúas celas e arrastramos a abaixo co rato ao aparecer unha aspa negra na parte baixa das casillas seleccionadas. Como a diferencia entre un e dous é de un, vai sumando un ao elemento anterior e aparecerán os nomes Folla 3, Folla 4, etc.
  • O número máximo de filas nunha folla son 65.536 e a última columna é a IV. Para ir á última fila basta premer as teclas Ctrl + Frecha abaixo e para acceder a última columna basta teclear Ctrl + Frecha dereita.