OpenOffice 3

OpenOffice
 
Módulo 2. Writer
writer

2.1. Introdución:

O Writer é o procesador de textos do paquete OpenOffice. En moitas cousas é moi similar a outros procesadores de textos como o Microsoft Word ou o Wordperfect. O Writer permite crear e editar documentos simples ou complexos no noso ordenador, permitindo o formatado do texto, a adición de elementos multimedia, como imaxes, sons, ligazóns hipertextuais, etc.
interfaz writer
Os elementos principais do programa, cando o abrimos son (de arriba a abaixo):
  • A barra de título (se é un documento novo, poñerá "Sen título 1")
  • O Menú principal
  • A barra estándar (a que contén as funcións principais)
  • A barra de formatado
  • A regra horizontal.
  • A zona de traballo (o "papel virtual" onde escribimos o documento)
  • A barra de desprazamento horizontal
  • A liña de estado, con información sobre o documento e o modo de edición (páxina, etc.)
De dereita a esquerda, teremos:
  • a regra vertical
  • a zona de traballo
  • a barra de desprazamento vertical

Titoriais:
Preme nesta ligazón e poderás consultar un titorial onde se dan a coñecer os principais elementos que compoñen a interface deste programa.