Saltar navegación

AIM. Escoitar versións influídas por outros tipos de músicas.

Negra Sombra

  • Coa letra proxectada, copiada no encerado ou en papel para cada discente, escoitar versións gravadas da peza.
  • Intentar cantar a canción lendo directamente a letra.

Cando penso que te fuches,

Negra sombra que me asombras,

Ó pé dos meus cabezales

Tornas facéndome mofa.

 

Cando maxino que es ida,

No mesmo sol te me amostras,

I eres a estrela que brila,

I eres o vento que zoa.

 

Si cantan es ti que cantas;

Si choran, es ti que choras,

I es o marmurio do río,

I es a noite i es a aurora.

 

En todo estás e ti es todo,

Pra min y en min mesma moras,

Nin me dexarás ti nunca,

Sombra que sempre me asombras