Traballamos para mellorar a nosa alimentación. É preciso coñecer diferentes variedades de alimentos. Imos investigar sobre eles e facerlle fotografías, ao mesmo tempo que nos poñemos en contacto por correo electrónico, videoconferencia ou redes sociais con persoas doutros lugares para que nos envíen imaxes doutras variedades e subilas ao noso taboleiro en Pinterest clasificándoas por propiedades saudables.
1/7
Traballamos para mellorar a nosa alimentación. É preciso coñecer diferentes variedades de alimentos. Imos investigar sobre eles e facerlle fotografías, ao mesmo tempo que nos poñemos en contacto por correo electrónico, videoconferencia ou redes sociais con persoas doutros lugares para que nos envíen imaxes doutras variedades e subilas ao noso taboleiro en Pinterest clasificándoas por propiedades saudables.guir unha dieta saudable.
Imos vender 3 produtos a 3 tipos de persoa diferentes: un xoguete a unha nena, unha tixola a un adulto e unha viaxe a un avó. Como será o anuncio na revista? Como se venderían? Cales serían os seus puntos fortes?
2/7
Estamos creando un banco de recursos para abordar o proxecto sobre astros do universo e utilizaremos Trello para crear varios taboleiros. Cada un dos membros do grupo enviará información ao taboleiro correspondente. Necesitamos información de diferentes elementos do universo tanto información textual como gráfica. Lembrade poñer as etiquetas acordadas no grupo de redacción.
Coñeces os morcegos? Imos explicar a súa anatomía utilizando algunha app ou ferramenta web, como Thinglink que nos permita xerar unha imaxe interactiva.
3/7
Coñeces os morcegos? Imos explicar a súa anatomía utilizando algunha app ou ferramenta web, como Thinglink que nos permita xerar unha imaxe interactiva.
4/7
Cada proxecto que realicemos na aula levará un logotipo: imos crear un en formato dixital que nos represente na Rede.
Cada proxecto que realicemos na aula levará un logotipo: imos crear un en formato dixital que nos represente na Rede.
5/7
Imos crear un cómic para amosar os diferentes músculos e ósos que interveñen nun movemento, por exemplo: golpear un balón co pé, sorrir, facer unha flexión de brazos…
Todos os proxectos escritos que realicemos teñen que levar soporte visual… por exemplo, para falar dos gregos e da súa época gloriosa utilizaremos algunha imaxe representativa.
6/7
Imos crear un titorial de aforro enerxético para usar na casa, para iso imos facer fotografías de todos os aparatos conectados e averiguar o seu consumo eléctrico.
Imos crear un titorial de aforro enerxético para usar na casa, para iso imos facer fotografías de todos os aparatos conectados e averiguar o seu consumo eléctrico.
7/7
Desde o programa de radio escolar estamos a traballar os anos corenta en Estados Unidos de América, concretamente a súa implicación na 2ª Guerra Mundial. De paso imos estudar un artista importante: Pollock e a súa visión da arte. Imos recrear algúns dos seus cadros.