Localiza nun buscador unha imaxe do Guernica de Picasso con licenza aberta de uso e cun tamaño superior aos 1000 píxeles de ancho para empregar nun mural de clase para un proxecto sobre a violencia.
IMAXES

Estamos elaborando un proxecto sobre hábitos saudables na práctica deportiva. Consegue a imaxe do gañador dos cen metros lisos nos últimos Xogos Olímpicos. A imaxe debe estar etiquetada para reutilización.
NOVAS
Imos falar da “primavera árabe” nos medios de comunicación. Atopa os primeiros resultados nos medios de comunicación dixitais para debatir na clase sobre os sistemas de goberno.
NOVAS
Queremos coñecer todo o que está publicado no ano 2013 sobre a catástrofe de Fukushima no diario online de La Voz de Galicia. Imos empregar a información para o noso proxecto de enerxías contaminantes.
Seguramente podedes atopar un vídeo do voso artista musical favorito en calquera dos buscadores nas plataformas de vídeo online como Vimeo ou Youtube.
VÍDEOS
Seguramente podedes atopar un vídeo do voso artista musical favorito en calquera dos buscadores nas plataformas de vídeo online como Vimeo ou Youtube.
VÍDEOS
Imos a buscar un vídeo sobre o ciclo da auga que non dure máis de 5 minutos e que explique o fenómeno empregando unha técnica de animación.
Imos averiguar canto che custa cada unha das 3 xornadas que necesitas para chegar desde a túa vila ata Berlín. A través dun dos servizos de mapas online que coñeces fai o cálculo se usases un servizo de transporte público.
MAPAS
MAPAS
Comezando pola busca da obra de Velázquez “La rendición de Breda”, imos localizar nun mapa esta cidade.