Na procura dunha solución

Brais ten que comezar a organizar a planificación das TIC no seu centro. Quere coñecer a normativa que regula a integración das TIC e experiencias educativas interesantes na planificación e no uso das TIC. Coñece outros compañeiros de escolas e institutos que están a desenvolver a función de dinamizador/coordinador TIC pero non posúe moita experiencia. Despois de falar con eles e co equipo directivo do IES do Xilgueiro, vai tentar deseñar un plan xeral inicial e básico para a integración das TIC no instituto. Para a elaboración do Plan TIC do instituto, Brais, vai apoiarse nos seguintes documentos e referencias web, que lle foron achegados por outros compañeiros:

Normativa TIC Orde que regula en Galicia a dinamización TIC A competencia TIC no marco da LOE Plan TIC de Primaria Plan TIC de Secundaria

Espazo Abalar-Proxecto Abalar

Escuela 2.0 Sociedade de Información e do Coñecemento Congresos Escuela 2.0- Boas prácticas coas TIC Ferramentas didácticas da Web 2.0 Vídeos explicativos Escuela 2.0
Plans TIC Plan TIC da Consellería de Educación Plan TIC- Esquema Plan TIC CEIP Plan TIC IES Plan TIC CEIP-JuanVallejo
Documentación TIC Avaliación de competencia TICD Matriz Avaliación TIC Proposta de secuenciación TIC Informe TIC do ITE Taxonomía de contidos educativos multimedia

    Nota dos titores: estes documentos son soamente referentes do módulo. Non tedes que lelos todos nin na súa totalidade pero é conveniente coñecelos, de xeito xenérico, para planificar accións de integración TIC.

Opción final escollida

Brais decidiu realizar dúas accións para iniciar un proxecto realista de integración das TIC no IES do Xilgueiro:

  1. Elaboración dunha enquisa ao alumnado e ao profesorado sobre o uso das TIC a nivel persoal e educativo que será o referente inicial (avaliación diagnóstica ou situacional).
  2. Deseñar un plan de integración TIC que chamará PINTXIL (Plan de Integración das Novas Tecnoloxías no Xilgueiro) e que dará a coñecer a toda a comunidade educativa e que terá como liñas directrices:
    • O contexto xeral educativo do centro e de integración no ámbito das TIC.
    • Os obxectivos básicos de integración TIC que desexan acadar na vertente docente e de xestión de centro.
    • A creación dun equipo TIC do instituto.
    • A definición das funcións do equipo TIC e do dinamizador TIC.
    • O deseño de propostas de actividades TIC para o profesorado das distintas áreas.
    • As novas tendencias educativas no uso das TIC.
    • Os recursos e infraestruturas TIC dispoñibles e as necesidades a cubrir.
    • A temporalización da posta en práctica do Plan PINTXIL.
    • A avaliación do Plan e da súa implementación.

Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55