Unha vez que xa estamos autenticados na plataforma (e previamente o Administrador nos otorgou o rol de Creador de cursos) deberemos acceder á sección de Cursos onde teremos a posibilidade de crear un novo.

Como na presentación por defecto da Aula Virtual non nos aparece en pantalla a sección de Cursos, realizaremos os seguintes pasos:

Prememos sobre o título dalgún dos cursos dispoñibles na plataforma

paso1

Temos que chegar o directorio completo de cursos, para iso:

directorio


Se miramos abaixo de todo do directorio de cursos, aparecerá o botón "Engadir novo":

engadir novo



Prememos sobre este botón para crear o novo curso, aparecerá una xanela para que indiquemos a configuración inicial do curso.

Chegados a este punto, aparecerá a ficha de configuración do novo curso.

De momento só realizaremos unha configuración mínima para deixar o curso creado e preparado para o seguinte módulo onde veremos en detalle cada un dos apartados de configuración.

Nome completo: indicaremos o nome completo do usuario (alumno creado do curso).

Nome abreviado: indicaremos só o nome do alumno.

Feito isto, baixaremos ata o final da ficha para gardar as modificacións premendo sobre o botón "Gardar modificacións" deixando o resta das opcións de configuración cos valores que aparecen por defecto.


configuracion basica




Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:55