En moitas ocasións - serán varias durante esta actividade - quererás engadir imaxes aos teus textos dixitais. Quizais necesites algunhas indicacións se non estás habituada/o a utilizar este tipo de arquivos dixitais. Unha primeira ocasión será a primeira tarefa deste módulo, a actualización do teu perfil persoal, que inclúe unha imaxe. Pois ben, podes utilizar calquera imaxe que teñas no teu computador pero tendo coidado de recortar un anaco pequeno para que sexa un arquivo lixeiro e manexable.

No seguinte videotitorial atoparás unhas sinxelas indicacións para encarares este proceso:


Última modificación: Luns, 21 de Decembro de 2015, 20:56