Aprendizaxe móbil, aprendizaxe sen límites / CESAR POYATOS

Un dos sectores que máis cambiou nos últimos anos é o da tecnoloxía móbil pois foise incrementando o número de funcionalidades destes dispositivos. As tabletas e os teléfonos intelixentes permiten ter ao alcance da man todos os contidos de Internet. Tamén posibilitan a interacción social por medio das aplicacións nativas das principais redes sociais (Google+, Twitter, Facebook, Tuenti). Os códigos QR, as tecnoloxías móbiles de xeolocalización e a realidade aumentada ofrecen novas formas de interacción co noso alumnado. O número de aplicacións aumenta diariamente de forma exponencial. Mediante estes pequenos programas, profesores e alumnos poden crear material multimedia interactivo de forma fácil e sinxela. O mobile learning -aprendizaxe móbil- permite abrir as nosas aulas e escolas; posibilita que a aprendizaxe suceda en calquera momento e lugar. Segundo o informe Horizon Report de 2012, o mobile learning vai ter un grande impacto na educación. Por iso, cómpre incorporar estas tecnoloxías, tan habituais na vida dos nosos mozos, nos procesos de ensino e aprendizaxe.

SÍGUENOS NAS REDES SOCIAIS