Saltar navegación

Explicación da controna Epoptes

epoptesO software Epoptes divídese en tres elementos:

  • O servidor do centro Abalar

Este elemento encargarase de asignar as direccións IPs aos equipos, non cambiando estas ao longo de todo o ano académico. A non ser que o equipo supere sen conectarse á rede abalar mais de 30 días, data límite na que se liberará o seu IP para ser empregada por outro dispositivo e no caso do equipo docente habería que reconfigurar todos os equipos cliente cos novos datos.

  • O correspondente ao equipo do docente

Ao iniciar o software Epoptes o cal se atopa no menú "Internet" do "Menú de aplicativos", abrirase un panel con tres areas de traballo delimitadas:

  • Barra de accións
  • Columna de grupos
  • Area de escritorios de clientes

Mais adiante explicaremos cada unha das partes da contorna de traballo

Nota: A comunicación entre o equipo do alumno e o do profesor realízase mediante un sistema de chaves publico/privadas para evitar a intercepción de datos e que outro equipo ou persoa allea á clase puidese tomar o control do equipo do alumno.

  • O cliente instalado nos equipos dos alumnos (Aula Epoptes)

A hora de lanzar o aplicativo, habería que desprazarse ao menú "Internet" do "Menú de aplicativos"Tras indicar os dous últimos octetos ou numeracións delimitadas por puntos da dirección IP do equipo do docente, este equipo xa se mostrará no panel de administración do equipo do docente.