Saltar navegación

Equipo do docente (Epoptes)

Para acceder ao Epoptes debemos ir ao menú de Internet >> Epoptes

epoptes

Unha vez que configuremos os clientes estes aparecerán no programa.

  • Barra de accións
  • Columna de grupos
  • Espazo no que se mostrarán os equipos cliente

Barra de accións

barra_accions

Nela atópanse as distintas opcións que poderemos executar sobre os equipos cliente, xa sexa de maneira masiva como puntualmente a un deles. Estas accións son:

  • Pechar sesión --> Mostrarase a pantalla do sistema solicitando usuario e contrasinal
  • Reiniciar --> Executará a acción de reinicio do sistema
  • Apagar --> Apagará o equipo
  • Visualizar/Capturar o equipo remoto --> Mostrará a pantalla completa o escritorio seleccionado ou en caso de tomar o control permitirá interactuar co equipo remoto, mover o seu rato e executar as súas aplicacións
  • Executar unha orde --> Permite a execución remota de comandos (Abrir o navegador executando firefox)
  • Enviar mensaxes --> Abrirá unha xanela nos equipos cliente mostrando o texto que se estime oportuno
  • Trancar/Desbloquear --> Dá a posibilidade ao docente de bloquear/desbloquear os equipos dos alumnos, mostrando unha pantalla cun cadeado a cal impide interactuar con ningún dos elementos do escritorio, ata que se pulse a opción de desbloqueo
  • Obter información do equipo --> Amosa datos do ordenador, tales como Hostname, enderezo MAC, Alcume, etc...