1.8. Configurar o formato da materia: formato menú
Configurar o formato da materia: formato menú |
![]() |
Modificar a visualización da materia
Para cambiar o formato de visualización do curso, accederemos ao bloque de menú "Administración" (na parte inferior dereita da pantalla) e aqui seleccionaremos a opción “Editar a configuración”
dentro do menú de “Administración da materia”.
A continuación accederemos ao apartado de “Formato da materia” e no despregable denominado “Formato” seleccionamos o formato de “formato Menú”.
Ao seleccionar ese formato desprégase un menú de configuración para este formato.
Nese menú de configuracións que se desprega, aparecerá por defecto, a configuración para a materia actual, cada tema terá un fondo do título según a materia do curso, sendo este aspecto totalmente configurable.
A continuación explicamos brevemente os campos configurables máis importantes:
- Número de seccións: seleccionamos o número de seccións a mostrar na materia.
- Fixar a cor do fondo do título do curso: indicamos a cor do fondo do título da materia, por defecto é a cor da materia.
- Fixar a cor do título da sección: indicamos a cor da letra do título da sección, por defecto é de cor branca.
- Fixar a cor do título do curso: indicamos a cor da letra do título do curso, por defecto é de cor branca.
- Fixar a cor do foco ao seleccionar o título do curso: indicamos a cor da letra do título do curso, cando poñemos o cursor enriba do título, por defecto é de cor branca.
- Fixar a cor da sección actual seleccionada: indicamos a cor do borde que rodea a sección do curso seleccionada nese momento.
- Mostrar nova actividade de notificación de imaxe: indicamos se queremos que se mostre ou non a etiqueta “Novo Recurso”, no caso de que se engada máis contido á sección.
![]() |