8.6. Sudoku

  Sudoku

EDIXGAL

Sudoku

Sudoku

O xogo mostra un quebracabezas sudoku aos estudantes cun número insuficiente de números para permitir resolvelo.

Por cada pregunta que conteste correctamente, engádese un número adicional que aparecerá en vermello no Sudoku para facelo máis sinxelo de resolver.

Neste caso a fonte das preguntas pode ser un glosario ou poden ser preguntas curtas, de opción múltiple ou de verdadeiro e falso procedentes dunha categoría do banco de preguntas ou dun cuestionario.

  

Consideración previas

Funciona con Glosario, Preguntas e Cuestionario.

Creación do glosario, cando se crea ten que ter as seguintes opción: Glosario principal e en aparencia simple, estilo dicionario.

Sobre as preguntas: Funciona cos seguintes tipos de pregunta verdadeiro/falso, resposta curta e opción múltiple.

Sudoku

 

  1. Activamos edición.
  2. Engadimos unha actividade ou recurso.
  3. Eliximos dentro de Xogos a opción de Sudoku.
  4. Prememos en engadir.

   

Xeral

Poñemos o nome ao xogo.

Eliximos o orixe das preguntas, Glosario, Preguntas ou cuestionario. Funciona co seguinte tipo de preguntas: Verdadeiro Falso, resposta curta e opción múltiple.

Texto na parte superior da páxina: Permite mediante o editor incluír texto, imaxes ou calquera elementos na parte superior.

Texto na parte inferior da páxina: Permite mediante o editor incluír texto, imaxes ou calquera elementos na parte inferior.

    
Opcións do xogo

  • Máximo numero de preguntas: Permite configurar o número máximo de preguntas


EDIXGAL
Última modificación: Martes, 2 de Abril do 2019, 18:42