8.4. Sopa de letras (Cryptex)

  Sopa de letras

EDIXGAL

Sopa de letras (Cryptex)

Sopa de letras

Xogo que consiste en atopar determinadas palabras extraídas dun glosario, de preguntas de resposta curta ou dun cuestionario.

Ditas palabras deberán estar incluídas dentro da sopa de letras xerada e unha vez contestemos ás mesmas aparecerán dentro da sopa de letras en cor vermella.

Consideración previas

Funciona con Glosario, Preguntas e Cuestionario.

Preguntas. Funciona cos seguintes tipos de preguntas: verdadeiro falso, resposta curta e opción múltiple.

      

Pasos para crear un xogo Crytex

  

Sopa de letras

  

  1. Activamos edición.
  2. Engadimos unha actividade ou recurso.
  3. Eliximos dentro de Xogos a opción de Crytex.
  4. Prememos en engadir.

     

Xeral

Poñemos o nome ao xogo.

Eliximos o orixe das preguntas, Glosario, Preguntas ou cuestionario, lembrar que se eliximos a opción de cuestionario este debe ter preguntas de tipo curto.

Na opción de seleccionar un glosario, si este esta estruturado por categorías poderíamos elixir unha delas.

Seleccionar unha categoría de preguntas, actívase cando eliximos a opción de preguntas, permite acceder ao banco de preguntas do noso curso.

Incluír subcategorías: Permite elixir subcategorías si existiran.

Selección cuestionario: Permite elixir entre os cuestionarios que temos elaborados.

Numero máximo de intentos. Podemos poñer un numero máximo de intentos.

     

 



EDIXGAL
Última modificación: Martes, 2 de Abril do 2019, 18:40