8.1. Xogos educativos no EVA

  Xogos educativos no EVA

EDIXGAL

Que é o módulo de xogos educativos

  

O Módulo Xogos (Games) é un novo plugin que permite crear novas actividades no EVA en forma de xogos educativos mediante o uso de glosarios, cuestionarios e preguntas.

As preguntas dos xogos usan como fonte de datos os termos de algún glosario ou as preguntas dunha determinada categoría ou cuestionario xa existente previamente na materia.

Para os xogos só se aceptan tres tipos de preguntas: opción múltiple, resposta curta e verdadeiro/falso.

   

Engadir xogos

   
Os xogos que podemos crear con este plugin son os seguintes:

1  Aforcado

2  Encrucillado

3  Sopa de letras

4  Millonario

5  Sudoku

6  Imaxe oculta

7  Serpes e escadas

    

As fontes de datos que pode usar cada xogo son as seguintes:

 

GLOSARIO Pregunta
RESPOSTA CURTA
Pregunta
OPCIÓN MÚLTIPLE
Pregunta
VERDADEIRO/FALSO
AFORCADO SI SI NON NON
ENCRUCILLADO SI SI NON NON
SOPA DE LETRAS SI SI NON NON
MILLONARIO NON NON SI NON
SUDOKU SI SI SI SI
IMAXE OCULTA SI SI SI SI
SERPES E ESCADAS SI SI NON NON

   

  

Opcións comúns para todos os xogos

CUALIFICACIÓNS

   

  • Cualificación máxima: Podemos poñer unha cualificación máxima
  • Metodo de cualifiación: Podemos usar os métodos de cualificación de moodle
  • Abrir xogo: Podemos activar unha data de comezo do xogo
  • Pechar o xogo: Podemos activar unha data de peche do xogo.

 

CABECEIRA E FONDO DE PÁXINA (HEADER/FOOTER OPTIONS)

   

  • Texto na parte superior da páxina: Permite mediante o editor incluír texto, imaxes ou calquera elementos na parte superior
  • Texto na parte inferior da páxina: Permite mediante o editor incluír texto, imaxes ou calquera elementos na parte inferior.

 

CONFIGURACIÓN COMÚN DO MÓDULO

   

Neste bloque atópanse as propiedades para especificar o modo de visualización da actividade, se será visible ou non para os estudantes. Poderemos realizar diferentes configuracións referentes a visibilidade da activade a grupos ou agrupamentos , id da mesma.

Neste bloque atópanse as propiedades para especificar o modo de visualización da actividade, se será visible ou non para os estudantes.

  • Número de ID: proporciona unha forma de identificar a actividade a fin de poder calcular a cualificación. Se a actividade non está incluída en ningún cálculo de cualificación, o campo Número ID pode deixarse en branco. O Número ID pode así mesmo axustarse na páxina de edición do cálculo de cualificacións, aínda que unicamente pode editarse na páxina de actualización da actividade.
  • Modo de grupo: o modo grupo pode ser dalgún destes tres niveles:
    • Sen grupos - Non hai grupos, todos son parte dunha gran comunidade.
    • Grupos separados - Cada estudante só pode ver o seu propio grupo; os demais son invisibles
    • Grupos visibles - Cada estudante traballa dentro do seu grupo, pero tamén pode ver aos outros grupos

   

O modo grupo pode ser definido a dous niveis:

  • Nivel Curso: o modo grupal definido a nivel de curso vén por defecto para todas as actividades definidas dentro do curso.
  • Nivel Actividade: toda actividade que soporte grupos pode definir o seu propio modo de agrupación. Se o curso está configurado como "forzar modo de grupo" entón non se terá en conta a configuración de cada actividade.

Agrupamento: Un agrupamento é un conxunto de grupos dentro dun curso. Se se selecciona un agrupamento, os usuarios asignados aos grupos dentro do agrupamento poderán traballar xuntos.

Se se configura a actividade en modo de grupos ou agrupamentos ao dar clic no botón: "Engadir restrición de acceso por grupo/ agrupamento", engadirase automaticamente na sección de restricións de acceso, onde se deberá escoller que grupo pode acceder a esta actividade.

 

RESTRICIÓNS DE ACCESO

   

Podemos poñer algunha variable de ingreso na actividade, grupo, nome, data... etc.

  • Data: Permite controlar o acceso ata a data e hora predeterminda
  • Condición Cualificación: Require que os alumnos alcancen unha cualificación especificar
  • Campo de usuario: Controla o acceso baseado no perfil do estudante
  • Acceso antes do incio da actividade: Permite ocultar a actividade

 

 



EDIXGAL
Última modificación: Martes, 2 de Abril do 2019, 22:38