2.5. Axenda: uso da axenda e calendario

Axenda: uso da axenda e calendario

EDIXGAL

Importante A axenda/calendario é unha das funcionalidades que son susceptibles de poder sincronizarse coas plataformas off-line, polo que resulta de moita utilidade aprender a utilizar este funcionalidade correctamente co fin de aproveitar toda a súa potencialidade cos nosos alumnos e co resto de usuarios da plataforma EVA. 

Uso da axenda e o calendario

A axenda/calendario pode mostrar eventos da plataforma EVA, eventos da materia, eventos do grupo e/ou eventos do usuario, ademáis de datas límite para a entrega de tarefas, datas de exames, horas programadas para determinadas actividades, etc ...

 

Axenda calendario

 

Cando pulsamos sobre o botón "Axenda" móstrase na parte central o calendario do mes actual e ademáis actívase o botón verde "Preferencias" que nos permite configurar as seguintes opcións:

Formato de presentación da hora

Pode escoller ver las horas en formato de 12 ou 24 horas. Se escolle «predeterminado», o formato axustarase automaticamente en función do idioma empregado no sitio.

Primeiro día da semana

As semanas do calendario amosaranse comezando o día que se escolla aquí.

Número máximo de actividades pendentes

Esta opción establece o número máximo de actividades pendentes que poden presentarse. Se escribes un número elevado, é probable que a presentación de actividades ocupe moito espazo na pantalla.

Prazo de comenzo de eventos próximos

Esta opción estabelece o número (máximo) de días nos que debe comezar unha actividade a fin de poder presentala como actividade pendente. Debes ter en conta que non hai garantía de que se presenten todas as actividades que comecen nesa data; se hai demasiados (máis que os indicados na preferencia «Núm. máximo de actividades pendentes»), as actividades máis distantes non se amosarán.

Lembrar a configuración do filtro

Se está activado, o EVA lembrará a última configuración do filtro de actividades e restauraraos de forma automática cada vez que acceda ao sitio.

  

Preferencias do calendario

Engadir unha actividade na axenda

Para engadir unha nova actividade/evento na axenda, deberás seguir estes pasos:

  1. Entra na Axenda e selecciona o mes onde queres engadir unha nova actividade.
  2. Fai clic sobre o botón azul "Nova actividade" situado na esquina superior dereita da vista do mes.
  3. No despregable "Tipo de actividade" selecciona o tipo de actividade que queres engadir ("Materia" ou "Usuario")
  4. Nos seguintes campos introduce un "título" e una "data" (campos obrigatorios) para esta nova actividade.
  5. Ademáis, nas opcións despregables inferiores, tamén podes seleccionar un intervalo de datas (Duración) e as opcións de repetición desta nova actividade.

Actividade-evento do calendario

 

Debes ter en conta o seguinte comportamento na programación de eventos/actividades:

  • Actividade tipo "MATERIA"
    Será visible por todos os usuarios matriculados na materia actual, tanto alumnos como profesores.
    Esta opción resulta de utilidade para que os profesores publiquen aqui as datas de aqueles eventos/actividades que desexen que poidan ser consultados en todo momento polos seus alumnos.

  • Actividade tipo "USUARIO"
    Será visible únicamente polo usuario que está programando esa actividade.
    Esta opción resulta de moita utilidade para crear unha axenda privada, onde o usuario (alumno ou profesor) pode ir anotando aquelas actividades que desexe de forma personalizada.

 



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 25 de Outubro do 2018, 15:14