2.3. Materias: Materias de alumno e profesor

Materias: Materias de alumno e profesor

EDIXGAL

Para que serve o botón "Materias"

O botón "Materias" dalle acceso ao usuario (profesor ou alumno) ás materias nas que está matriculado.

O profesor pode pulsar este botón para cambiar rápidamente entre unha ou outra das materias que imparte en algún dos cursos EDIXGAL, de maneira que cun só clic pode cambiar rápidamente de materia, curso e/ou grupo.

Botón materias

 

No caso dos alumnos, cando pulsan sobre este botón, móstraselles un listado das materias nas que están matriculados no que poden ver ademáis os avisos ou alertas de cada materia.

Na imaxe inferior podemos apreciar que nas materias de "Ciencias sociais" e Matemáticas" aparecen varios avisos que informan ao alumno de que ten tarefas pendentes, a punto de caducar ou que existen novos contidos (recursos) nunha determinada materia.

 

As miñas materias

 



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 25 de Outubro do 2018, 14:59