2.2. Mensaxes: Mensaxería interna do EVA

Mensaxes: Mensaxería interna do EVA

EDIXGAL

Para que serve a mensaxería interna do EVA

A mensaxería interna do EVA permite manter unha comunicación escrita entre todos os usuarios (profesores e alumnos), de maneira que todas as mensaxes quedan rexistradas e poden ser consultadas e revisadas en calquera momento.

Uns posibles exemplos de uso serían unha conversa privada (por escrito) entre profesor e alumno, envíos de mensaxes instantáneas a outro usuario que se atope conectado nese momento, enviar unha mesma mensaxe a un grupo de usuarios (só dispoñible para profesores, ... etc).

 

Mensaxería interna

 

Como funciona

 Cando se recibe unha mensaxe, a plataforma EVA mostra ao usuario un aviso ao pé de páxina cando éste accede á plataforma.

 

Novas mensaxes

 

Se pulsas no enlace "Ir ás mensaxes"que aparece no aviso, entras directamente á pantalla de xestión da mensaxería da plataforma, desde onde poderás ler as mensaxes recibidas así como tamén poderás xestionar os teus contactos engadindo aos remitentes (se o desexas) á túa lista de contactos.

 

Mensaxes recibidas

  

Mensaxes/conversas recentes

 Cando despregamos o menú "Navegación entre mensaxes" (na parte superior esquerda da pantalla), o sistema de mensaxería permítenos acceder aos seguintes apartados:

  • Contactos
    A túa axenda de contactos
  • Conversas recentes
    Listado de mensaxes enviadas e recibidas, mostradas en formato de "conversa"
  • Notificacións recentes
    Mensaxes automáticas (notificacións) remitidas pola propia plataforma EVA.
  • Materias
    Materias nas que estás matriculado. Esta lista de materias funciona como "filtro", de maneira que podemos ver únicamente as mensaxes enviadas/recibidas polos usuarios matriculados nunha mesma materia.

 

Mensaxes/conversas recentes

 

 Ao seleccionar a opción "Conversas recentes", accedemos ao listado de mensaxes recibidas e enviadas, organizadas por conversas. É dicir, todas as mensaxes preséntanse organizadas en formato de conversa con respecto aos usuarios destinatarios/remitentes de cada mensaxe.

 Conversas recentes

 

Desde esta pantalla de "conversas recentes" podemos pulsar sobre o nome do usuario para acceder ás funcionalidades de xestión de contactos:

  • Engadir un novo contacto
  • Bloquear o contacto

 

Opcións de xestión dos contactos

 

 



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 25 de Outubro do 2018, 14:58