2.1. O meu perfil: o usuario en EDIXGAL

O meu perfil: o usuario en EDIXGAL

EDIXGAL

O meu perfil

Cada usuario no EVA dispón de dous menús, "O meu perfil", para ver os seus datos persoais e mensaxes publicadas, e "Configuración do meu perfil", para editar os seus datos e realizar outros axustes.

Pódese acceder ao perfil persoal (Ver perfil), tanto desde el bloque Navegación como desde el menú de usuario da parte superior da pantalla.

O meu perfil
Editar o perfil

Esta opción permite ao usuario revisar os seus datos, mensaxes, ficheiros privados e distincións a través das seguintes opcións:

  • Dende a opción “Ver perfil” o usuario pode revisar a información visible por outros usuarios cos que comparte cursos.

  • Comentarios do foro” facilita un acceso rápido a todas as mensaxes publicadas polo usuario nos foros dos seus cursos.
    Esta opción permite amosar:
    • Todos os comentarios (mensaxes) publicados polo usuario (os máis recentes primeiro).
    • As discusións (debates) ou temas iniciados polo usuario.

  • A opción “Mensaxes” permite amosar e xestionar os contactos, ben sexa o listado persoal ou o de participantes comúns nun dos cursos (a escoller) aos que acceda o usuario.
    Ao pulsar sobre cada contacto, pódese ver o historial de mensaxes intercambiados con él. Esta opción permite ver tamén os comentarios e notificacións recentes.

  • A opción “Os meus ficheiros privados” permite ao usuario subir ficheiros a un cartafol privado.

    Desde aquí podemos realizar as seguintes accións:

    -> crear un novo cartafol [ Crear cartafol ] para poder ter organizados os nosos ficheiros

    -> subir ou engadir un novo ficheiro [ Engadir ficheiro ] (sen exceder o límite de tamaño máximo por ficheiro)

    -> descargar todo [ Descargar todo ] o contido do cartafol nun ficheiro comprimido .ZIP

Ficheiros privados

Como norma xeral, os ficheiros gárdanse e xestiónanse en cada recurso ou actividade da materia. Por exemplo, un ficheiro subido por un profesor nunha determinada tarefa, só estará accesible para os usuarios que teñan os permisos adecuados para acceder a esa tarefa.

Ademáis, todos os usuarios dispoñen dunha carpeta de ficheiros privada co nome de “Ficheiros privados” á que poden acceder dende o menú " O meu perfil".

Contamos tamén cos Portafolios e os Repositorios. Os Repositorios permiten incorporar ficheiros dende o ordenador ou dende outro lugar da propia cmateria, mentres que os Portafolios permiten exportalos desde o EVA a outros lugares externos ou aplicacións web externas.

Botón "Engadir"

Gardar cambios

A xestión de ficheiros faise dende cada recurso ou actividade e engádense neles utilizando o selector de ficheiros, unha sinxela ventá que aparecerá sempre que se desexe incluir un ficheiro despois de pulsar o botón “Engadir...[ Engadir ... ].

Tamén é posible engadir ficheiros no EVA coa utilidade “Arrastrar e soltar”.



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 25 de Outubro do 2018, 14:55