7.7. O repositorio

  O repositorio

EDIXGAL

Para que serve 

No repositorio atópanse todos os proxectos, contidos e exercicios que os profesores decidiron compartir con todos os profesores da plataforma. Calquera profesor pode acceder ao repositorio e importar calquera dos proxectos, contidos ou exercicios que alí se atopan.

Para acceder á listaxe do repositorio imos ao menú de Ferramenta autor e no despregable que nos aparece facemos clic na opción Repositorio.

Repositorio

Na xanela que nos aparece podemos ver unha serie de filtros que se poden aplicar á listaxe de Elementos do repositorio. Aquí seleccionamos os filtros que queremos aplicar e facemos clic no botón Filtrar.

Repositorio

Enviar un proxecto ao repositorio

Neste exemplo imos mostrar como enviar un proxecto ao repositorio. Este proceso é exactamente o mesmo para os contidos e exercicios. Imos á listaxe dos nosos proxectos e facemos clic en editar o proxecto que queremos enviar ao repositorio.

Na edición do proxecto facemos clic no botón opcións e no despregable que nos aparece clicamos na opción Enviar ao repositorio.

Repositorio

Isto ábrenos unha nova xanela onde nos pregunta se estamos seguros que queremos compartir o proxecto no repositorio. Facemos clic no botón Gardar modificacións.

Repositorio

Desde este momento o proxecto está dispoñible para que calquera profesor da plataforma póidao importar aos seus proxectos.

Importar desde o repositorio

Este proceso importa un proxecto, contido ou exercicio creando unha copia do mesmo na listaxe dos teus proxectos, contidos ou exercicios. Para realizar a importación ímonos á listaxe de elementos do repositorio dende o menú de Ferramenta autor na opción Repositorio.

Na listaxe de Elementos do Repositorio facemos clic na icona de obter unha copia.

Repositorio

Isto ábrenos unha xanela na cal nos pregunta se estamos seguros que queremos obter unha copia do elemento do repositorio. Facemos clic no botón Gardar modificacións.

Repositorio

Agora na listaxe dos nosos contidos (porque é o elemento que importamos do repositorio) aparécenos o contido que importamos do repositorio.

Repositorio

Se pulsamos no botón "editar" do contido que obtivemos do repositorio o primeiro que aparecerá será o apartado de votación deste contido do repositorio. A votación estará sempre dispoñible ata que votemos o elemento (isto aplicase e proxectos, contidos ou exercicios), despois desaparecerá.

Repositorio

O profesor ten a opción de que o comentario asociado á puntuación sexa anónimo, para iso non marcamos o campo indicado, se queremos que apareza o nome asociado ao comentario marcamos o campo. Cando se termine de comentar e de puntuar púlsase o botón Gardar para enviar a valoración.

Repositorio

Se gardamos a valoración, volvemos ao elemento obtido do repositorio no modo edición e xa non nos aparece a opción de valorar o elemento.



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 25 de Outubro do 2018, 15:24