6.5. A avaliación con rúbricas

  A avaliación con rúbricas

EDIXGAL

As "Rúbricas" son métodos avanzados de cualificar usados para a avaliación baseada en criterios, que poden ser aplicadas ás "tarefas". A rúbrica consiste nun conxunto de criterios, no que para cada criterio porporciónanse varios niveis descritivos e asígnase unha cualificación numérica e/ou nominal a cada un destes niveis. O avaliador elixe que nivel contesta/describe mellor o criterio dado.

Como cualificar unha rúbrica

En principio, cada profesor pode realizar a cualificación da súa propia rúbrica como estime máis oportuno. De todas formas, existe un método estandarizado de cualificación de rúbricas que describimos a continuación.

A cualificación global normalizada calcúlase como a suma da nota obtida en cada criterio menos o valor mínimo posible, e todo isto dividido entre a suma do valor máximo posible menos o mínimo posible en cada criterio.

Este concepto entenderáse mellor cun exemplo (ver a rúbrica de exemplo):

Supoñamos que a nosa rúbrica ten 4 criterios (Requisitos, Contidos, Organización, Orixinalidade), todos eles con 4 niveis (Excelente, Ben, Regular, Deficiente) cuxas puntuacións van do 1 ao 4.

As notas que obtivo o noso alumno de exemplo en cada criterio son 3, 1, 4 e 4 puntos respectivamente. Polo tanto, a cualificación obtida sería:

  • Numerador: (3 - 1) + (1 - 1) + (4 - 1) + (4 - 1) = 8
  • Denominador: (4 - 1) + (4 - 1) + (4 - 1) + (4 - 1) = 12
  • Total: 8/12 = 0,6

Neste exemplo, se a nota máxima da tarefa fose de 10 puntos, o alumno obtería unha cualificación total de 6 puntos.

Exemplo de rúbrica

Excelente (4) Ben (3) Regular (2) Deficiente (1)
Requisitos

Cumple todos os requisitos e incluso excede as expectativas.

Cumple todos os requisitos.

Non cumple satisfactoriamente con algún requisito.

Varios requisitos non se cumplen satisfactoriamente.

Contidos

Cubre todos os temas en profundidade con detalles e exemplos. O coñecemento do tema é excelente.

Inclúe coñecemento básico sobre o tema. O contido parece ser bastante bo.

Inclúe a información básica sobre o tema, pero ten algún erro.

O contido é mínimo e presenta varios erros.

Organización

Contido ben organizado usando adecuadamente os elementos de clasificación.

Usa elementos de clasificación e organización pero o conxunto aparenta certo desorde.

A maior parte do contido está organizado.

A organización non é clara ou non é lóxica. Demasiadas partes sen organizar.

Orixinalidade

O resultado demostra gran orixinalidade. As ideas son creativas e inxeniosas.

O resultado demostra certa orixinalidade. O traballo demostra perspicacia e novas ideas.

Usa ideas de outros, recoñecento aos autores, pero case non hai evidencias de ideas orixinais.

Usa ideas de outros e non recoñece aos autores.

O editor de rúbrica

O editor de rúbrica está dispoñible como método de cualificación para as actividades de tipo "Tarefa", no formulario de configuracións da tarefa. Polo tanto, o primeiro paso para utilizar unha rúbrica será seleccionaremos "Rúbrica" como método de avaliación no formulario de creación da propia tarefa.

Rúbrica

Para acceder ao editor da rúbrica, en primeiro lugar seleccionamos a tarefa que xa está creada e a continuación pulsamos sobre o menú "Administración de tarefas -> Cualificación avanzada -> Definir rúbrica" do "bloque Administración".

Rúbrica

O editor de rúbricas permite configurar o nome da rúbrica, a descrición así como a propia rúbrica. Este editor permite engadir novos criterios e niveis, eliminalos e cambiar o orden dos criterios. Hai varias opcións nas rúbricas que poden configurarse tamén. Para cada criterio, debe cumplimentarse a descrición do criterio e para cada nivel, debe especificarse a definición do propio nivel e o número de puntos asociados co nivel. A definición da rúbrica debe gardarse usando o botón de "Gardar rúbrica e deixala rematada" ou o botón de "Gardar como versión preliminar".

Rúbrica

Cando nunha tarefa escollemos a rúbrica como método de cualificación, temos a opción de crear unha nova desde cero ou reutilizar unha xa existente. Por defecto, só o administrador da aula virtual (Moodle) pode convertir rúbricas en plantillas dispoñibles en todo o sitio para todos os profesores. Sen embargo, isto non implica que non poidamos reutilizar rúbricas creadas previamente por nós mesmos.



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 25 de Outubro do 2018, 15:23