6.2. Configuración dos criterios de avaliación

  Configuración dos criterios de avaliación

EDIXGAL

O módulo de cualificacións está estruturado, en modo guiado, co obxectivo de facilitar o seu uso. A continuación explícanse os distintos pasos a realizar (a configuración de criterios é necesaria para realizar a xestión de cualificacións).

Para comezar coa configuración de criterios, hai que situarse no apartado “Cualificacións > Configurar criterios”, dentro do menú de “Administración da materia”.

Configurar criterios

Ao acceder por primeira vez, sen realizar antes ningunha configuración previa, móstrase a seguinte pantalla:

Configurar criterios

Prémese no botón “Empezar a configurar en modo guiado”. No comezo da configuración dos criterios no modo guiado, indicarase o paso no que se está en todo momento e cales están activos.

Nota: Pódese acceder ao modo avanzado, premendo na pestana “Máis”.

1. Crear avaliacións

Neste paso pódense dar os seguintes casos:

  1. Existen creadas máis de tres avaliacións.
  2. Existen creadas tres avaliacións.
  3. Non existen avaliacións creadas.

1. Hai un número de avaliacións creadas distinto de tres. Para este caso, hai que engadir ou eliminar avaliacións ata ter exactamente tres. Nesta situación, non se permitirá continuar en modo guiado ata que o se modifique. Ver as indicacións en pantalla para realizar os cambios.

Avaliación

2. Están creadas tres avaliacións. Nesta situación, indícase que se vai a crear a categoría por defecto que se denomina “Non Avaliable”, nesta categoría, asignaranse aquelas actividades que non se van a ter en conta para o cálculo da cualificación.

Avaliación

3. Non hai avaliacións creadas con anterioridade. Para este caso indícase que se van a crear tres avaliacións e unha categoría por defecto que se denomina “Non Avaliable”, nesta categoría asignaranse aquelas actividades que non se van a ter en conta para o cálculo da cualificación.

Avaliación

Unha vez que valide que é correcto, hai que premer no botón “Gardar configuracións”. Isto fai que se active o paso 2 (Aspectos). Poderanse editar os nomes das categorías creadas, en calquera momento volvendo a este paso.

2. Crear aspectos

Neste apartado pódense crear aspectos cun determinado peso para cada unha das avaliacións. Este paso pódese saltar e ir directamente ao paso 3. Os aspectos pódense engadir en calquera momento.

1. Se se crean aspectos, temos que asignarlles un peso igual a 100 ou igual a 10, no caso de que o peso sexa inferior ou superior, indicarase que o peso asignado non é o correcto e non deixará crear os aspectos. Para engadir máis de tres aspectos, hai que premer no botón “Engadir unha fila máis”.

Avaliación

Cando o peso sexa o correcto, indicaranse que os aspectos se crearon correctamente para cada unha das avaliacións. Poderanse engadir ou editar aspectos en calquera momento neste paso. Para iso, é necesario premer no botón correspondente de “Engadir novos aspectos” ou “Editar aspectos”.

Avaliación -aspectos

Se non se queren crear aspectos, prémese no botón “Se vostede non vai utilizar aspectos, prema para ir ao seguinte paso” e pasamos ao paso 3.

Avaliación - aspectos

3. Asignar actividades

Neste paso, hai que indicar que actividades pertencen a cada unha das avaliacións ou aspectos creados.

A asignación de actividades pódese realizar a nivel de tema (botón “Propagar”), ou individual (realizando a selección a nivel de actividade).

Se se queren asignar todas as actividades dun mesmo tema, (ex: tema 1. Os seres vivos) a unha avaliación ou a un aspecto (ex: Avaliación 1), seleccionase e prémese no botón de “Propagar”.

Avaliación - actividades

Desta maneira, todas as actividades que pertencen a ese tema, quedan asignadas á mesma avaliación.

Avaliación - propagar

Pódense asignar de forma individual as distintas actividades a unha avaliación ou a un aspecto. Ao mesmo tempo, identifícase facilmente que actividade pertence a cada avaliación pola cor identificativa que ten cada unha das avaliacións. No caso de engadir unha actividade que non conte para calcular a cualificación do estudante, asígnase esa actividade á categoría “Non avaliable”.

Avaliación

Tamén se poden engadir actividades creadas manualmente para rexistrar cualificacións e que se teñan en conta á hora de calcular a cualificación do estudante. Primeiramente seleccionase o aspecto ou a avaliación que se lle vai a asignar e prémese no botón “Engadir actividade con valoración manual”.

Avaliación

Introdúcese a configuración do ítem e gárdanse os cambios.

Avaliación

O novo ítem creado visualízase no apartado de “Creadas manualmente” na listaxe de actividades.

Avaliación

Os ítems creados poderanse eliminar pulsando na icona con forma de 'x'. Cada vez que se engada novo contido á materia é convinte volver a este paso, para asignar ese contido, a unha avaliación ou aspecto. Unha vez finalizada a asignación, prémese no botón “Gardar cambios” para activar o paso 4.

4. Revisar configuración

Neste paso visualízase o resultado da configuración anterior e unha simulación da cualificación obtida na avaliación.

Avaliación - revisar configuración

As accións dispoñibles neste paso son as seguintes:

    • Ver criterios: premendo neste botón, accédese á vista, onde se mostra o resumo da configuración realizada.

    • Editar criterios: neste botón de acción actívanse varios campos editables. Se a avaliación é de tipo “Media ponderada de cualificacións” (tipo de agregación co que se crean por defecto) poderase cambiar o peso da avaliación (cun máximo sobre 10).
      Nas actividades creadas manualmente (se non están asignadas a un aspecto), permítese editar o peso e a cualificación máxima.

    • Ordenar criterios: este botón utilizarase no caso de que se creen actividades manualmente e aparezan desordenadas. Ao premer neste botón, as actividades manuais colócanse na avaliación á que foron asignadas.

Avaliación



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 25 de Outubro do 2018, 15:22