6.1. Xeneralidades da avaliación

  Xeneralidades da avaliación

EDIXGAL

Na plataforma online do EVA, se un docente accede a unha das súas materias pode obter: as cualificacións dos estudantes en cada unha das actividades da materia, o cálculo da cualificación obtida nas distintas avaliacións e a cualificación final do alumnado. Ao mesmo tempo, vai a poder modificar as distintas cualificacións mostradas de cada estudante para adaptarse á cualificación que considere o docente.

Como vantaxe, permite facilitar a configuración da materia, guiando ao profesorado a través dos distintos pasos que son necesarios para o correcto funcionamento do módulo, facilitando a personalización dos criterios de cualificación.

Neste tema descubriremos o uso e as configuracións necesarias do EVA para o correcto uso da mellora da xestión das “Cualificacións”:

  • Configuración de criterios de avaliación (primeira vez e posteriores)
  • Xestionar as cualificacións (libro de cualificacións)
  • Informe para o alumno

Podemos acceder ao módulo de avaliación por dúas vías diferentes:

1. Desde a banda superior de menús, pulsando sobre a icona "Cualificacións"

Acceso avaliación

2. Desde o bloque de menú "Administración da materia", pulsando sobre o menú "Cualificacións"

Administrar cualificacións



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 25 de Outubro do 2018, 15:22