5.3. Como engadir un cartafol

  Como engadir un cartafol

EDIXGAL

Para que serve un cartafol?

A plataforma EVA permite presentar como recurso un acceso a un conxunto de ficheiros de calquera tipo (documentación, multimedia, software, etc.) de maneira que o alumno poida acceder a todo o contido dun determinado cartafol.

Os recursos contidos no cartafol poden ser de tipos diferentes e poden subirse dunha tanda como un ficheiro comprimido ZIP que será descomprimido posteriormente ou poden engadirse de un en un, dentro dun cartafol baleiro na páxina do curso.

Usar un cartafol para mostrar recursos aos alumnos resulta máis elegante que mostrar os ficheiros de un en un nuha lista e tamén ocupa menos espazo na pantalla do curso.

Existe unha configuración (opcional) que lle permite ao profesor mostrar dentro da carpeta un "botón para descargar", de maneira que os alumnos poden descargar os ficheiros como un cartafol comprimido en formato ZIP. Isto posibilita aos alumnos o traballo "fóra de liña" (sen estar conectado) cos ficheiros descargados.

Como se crea un cartafol?

Engadir cartafol

Para engadir un cartafol procederemos da seguinte maneira:

  1. Activar o "modo edición".
  2. No tema que queiramos da materia, pulsamos sobre o enlace "Engadir unha actividade ou un recurso".
  3. Seleccionamos a opción "Cartafol".
  4. Finalmente pulsamos o botón "Engadir".

Existen algúns aspectos que deberemos configurar cando engadimos un cartafol, que se presentan ordenados por apartados, entre os que destacamos os seguintes:

Xeral

Nome = Introducimos un nome que servirá como título para este cartafol

Descrición = Introducimos un pequeno texto descritivo para o cartafol

Contido

Ficheiros = Neste recadro introduciremos o ficheiros que queiramos mostarlles aos alumnos dentro do cartafol. Podemos usar o método de "arrastar e soltar" ou tamnén podemos usar o botón "Engadir" que aparece na esquina superior esquerda do recadro.

Presentar en pantalla o contido do cartafol = Se escollemos presentar os contidos do cartafol na páxina dun curso, non haberá unha ligazón a unha páxina separada e o título non se presentará. A descrición presentarase unicamente cando "Presentar a descrición na páxina do curso" estea marcada.
Neste caso a vista de accións dos participantes non se poderá rexistrar.

Amosar subcartafoles estendidos = De estar activado, presentaranse os subcartafoles estendidos de modo predeterminado. Se non, os subcartafoles presentaranse recollidos.



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 25 de Outubro do 2018, 15:21