4.1. Acceso á aplicación EVA Offline

  Acceso á aplicación

EDIXGAL

Introdución

EVA Offline resulta unha ferramenta moi útil cando non se ten a posibilidade de conectar a internet, permitindo acceder aos contidos sen conectividade.

Os dispositivos, tanto de profesor como de alumno, xa dispoñen a aplicación instalada no menú "Educación" do propio equipo EDIXGAL.

A continuación explicarase como enlazar o aplicativo EVA Offline coa aplicación EVA Online, como descargar os contidos dos libros dixitais, acceder a eles cando non hai conexión a internet, e por último como visualizar o seguimiento do alumnado.

En primeiro lugar, hai que destacar que antes de iniciar sesión no EVA Offline é imprescindible ter iniciado sesión previamente no EVA Online, como mínimo unha vez, para que ao iniciar sesión no EVA Offline poida establecerse a conexión entre as dúas aplicacións de forma correcta.

Acceso á aplicación

Para comenzar a utilizar EVA Offline só hai que facer clic sobre o menú da aplicación, que poderemos atopar desplegando previamente o menú "Educación".

Eva Offline

A primeira vez que se accede, é necesario activar a ferramenta e deberase estar conectado a internet. 
Facemos clic en "Engadir" para identificarnos co noso "nome de usuario" e "contrasinal".

Pantalla inicial

A continuación introducimos as nosas credenciais ("nome de usuario" e "contrasinal") para que EVA-Offline conecte coa plataforma on-line e sincronice os primeiros datos: curso nos que estamos matriculados, asignaturas, ...

Autenticación usuarios

Cando iniciamos sesión en EVA Offline podemos comprobar que na parte esquerda da pantalla móstrase o noso nome e noso avatar (imaxe persoal) no caso de que o introducíramos anteriormente na plataforma online. Ademáis tamén vemos que no menú lateral temos acceso ás materias nas que estamos matriculados, así como á zona de mensaxería e eventos de calendario.

Nesta primeira pantalla do EVA Offline é importante fixarse no indicador de conexión que aparece na parte superior dereita da pantalla:

Conectado = Indica que actualmente EVA Offline está conectado

Desconectado = Indica que actualmente EVA Offline está desconectado

Pantalla principal



EDIXGAL
Última modificación: Sábado, 10 de Novembro do 2018, 18:57