3.4. Xestión das credenciais dos alumnos

  Xestión das credenciais dos alumnos

EDIXGAL

Con frecuencia, sobre todo ao principio de cada curso, algún dos nosos alumnos olvida as súas credenciais (datos de acceso) á plataforma EVA polo que se fai necesario unha pantalla desde onde o profesor poida restaurar estas credenciais dos seus propios alumnos.

Esta é a finalidade desta ferramenta do EVA, é dicir, trátase de facilitar a restauración das credenciais dos/as alumnos/as. Os/as profesores/as dos grupos poden restaurar as credenciais do alumnado, no caso de perda do contrasinal.

Xestión de credenciais

Esta acción, “Restaurar Credenciais”, restaura a credencial do alumno xenerando outra. En canto o/a alumno/a inicie sesión co seu usuario requirirase que cambie o contrasinal.

Opcións do/a profesor/a

Unha vez seleccionado Xestión de Credenciais, aparece unha pantalla con un formulario para filtrar os/as alumnos/as dos cales o usuario/a é profesor/a ou titor/a. Pódese filtrar por centro, grupo e materia.

As accións dispoñibles nesta pantalla son as seguintes:

  • Seleccionador de centro : Centros nos que o/a usuario/a é docente.
  • Seleccionador de Grupo : Grupos nos que o/a usuario/a é docente.
  • Seleccionador de Materia: Materias nos que o/a usuario/a é docente.
  • Filtrar: Aplica os filtros seleccionados no formulario
  • Vaciar Filtros: Elimina os filtros seleccionados

Restaurar credenciais

Restaurar credenciais

Restaurar credenciais

As accións dispoñibles nesta pantalla son as seguintes:

  • Restaurar credenciais
  • Histórico
  • Imprimir

Restaurar credenciais

As accións dispoñibles cando se fai clic no botón “Restaurar credenciais” son:

  • Gardar modificacións: Automáticamente actualiza o contrasinal do/a alumno/a poñendo un novo contrasinal por defecto, de maneira que se lle pedirá ao alumno que cambie este novo contrasinal no próximo inicio de sesión.
  • Cancelar: Volve á pantalla de credenciais do alumnado.

Restaurar credenciais

Cando o/a alumno/a inicie sesión por primeira vez pediráselle que actualice o contrasinal mostrándolle a seguinte pantalla:

Restaurar credenciais

Histórico

No momento en que se restablece o contrasinal do/a alumno/a, aparece na acción un ollo.

Restaurar credenciais

Ao premer sobre o ollo, aparece unha pantalla co histórico de modificacións, sobre ese/a alumno/a, do contrasinal.

Restaurar credenciais

Aparecen dúas opcións:

Cancelar: Volve á pantalla credenciais do alumnado.

Imprimir: Aparece un informe no formato pdf, co histórico de modificacións do/a alumno/a.

Restaurar credenciais

Imprimir

Ao premer sobre o botón “Imprimir” aparece unha listaxe co nome de todos os/as alumnos/as coas columnas:

  • Nome e apelidos do/a alumno/a.
  • Usuario.

Restaurar credenciais



EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 25 de Setembro do 2019, 00:16