3.3. Matriculación de alumnos

  Matriculación de alumnos

EDIXGAL

IMPORTANTE IMPORTANTE: Non é necesario realizar este procedemento no entorno EVA real (EDIXGAL), xa que ao comenzo de cada curso todos os titores e os docentes das distintas áreas curriculares xa atoparán os grupos de alumnos creados e os seus alumnos matriculados por defecto nas distintas materias.

Neste apartado explicaremos o procedemento a seguir que nos permitirá matricular alumnos nunha determinada área ou materia "non curricular" creada por nós.

Para que necesitamos saber matricular alumnos?

Existen distintas situacións nas que necesitaremos saber como podemos matricular alumnos. Por exemplo, se decidimos crear unha materia non curricular necesitaremos matricular nela aos alumnos que desexemos, así como tamén necesitaremos saber como se engaden os contidos/recursos dixitais que necesitemos poñer a disposición dos nosos alumnos.

Por outro lado, neste curso sobre EDIXGAL necesitaremos matricular a varios alumnos na nosa materia da plataforma de prácticas (no entorno EVA Formación), polo que tamén necesitamos coñecer este procedemento para poder realizar as prácticas deste módulo.

O primeiro paso será entrar na materia (asignatura) onde se pretende matricular aos alumnos. Unha vez dentro da materia debemos seguir estes pasos:

Matricular alumnos

  1. No bloque de menú "Administración - Administación da materia", facemos clic sobre a opción "Usuarios - Usuarios matriculados".

  2. Na nova pantalla que aparece, pulsar o botón "Matricular usuarios" que se mostra na esquina superior dereita.

    Alumnos matriculados

  3. Aparece unha nova ventá emerxente onde debemos seleccionar "Alumno" no desplegable "Asignar roles".

  4. A continuación, pulsaremos o botón "Matricularse" que corresponda aos alumnos que queremos matricular no noso curso.

  5. Finalmente, pulsamos o botón "Rematar a matriculación de usuarios"

matricular alumnos



EDIXGAL
Última modificación: Mércores, 25 de Setembro do 2019, 00:15