3.2. O espazo titorías - Profesor/a

  O espazo titorías - Profesor/a

EDIXGAL

Neste apartado describiremos as diferentes opcións que ten o profesor para colaborar co titor e engadir os seus informes

Ao seleccionar a opción Espazo Titorías - Profesor/a aparece a pantalla coa listaxe dos informes que se lle solicitaron para o alumnado.

A parte superior da pantalla contén filtros por se o profesorado desexa facer procuras especificas.

A procura pode realizarse por centro, grupo ou materia.

Estado dos informes

Nesta pantalla os resultados móstranse agrupados por estados:

  • Pendentes
  • Enviados
  • Pechados

Estado dos informes

Pendentes

Aqueles informes que son solicitados polo/a titor/a e están pendentes de cubrir. Estes informes sempre son editables, se a data da titoría xa pasou ou o/a titor/a pecha o informe, automaticamente pasa ao grupo de Pechados.

Informes pendentes

Para introducir datos, o profesorado debe premer a icona do lapis, e aparece a seguinte pantalla:

Editar informe

Nesta pantalla están dispoñibles dúas accións:

Gardar informe: Escribir os comentarios e gardar a información sen enviala. O informe continua en estado Pendente e o/a titor/a non pode ver os comentarios introducidos polo profesorado. Para isto o profesor debe introducir información no campo Comentarios do profesor e premer no botón Gardar informe.

Gardar informe

Enviar informe: O profesor introduce comentarios e preme no botón Enviar Informe. Esta acción Garda e envía a información ao titor, O informe pasa ao grupo de Enviados. En pendentes, visualízase a icona marcada na pantalla o cal indica que o/a titor/a non introduciu ningún dato e o profesorado pode modificar o comentario e volver envialo.

Nota: Se o/a titor/a introduce comentarios ao informe enviado, o informe automaticamente pasa ao grupo de Pendentes.

Ver informes pendentes

Cancelar: Non se realiza ningunha accción.

Enviados

Aqueles informes que foron enviados ao/á titor/a, pero que non foron pechados polo/a titor/a ou a data da titoría non pasou. Os informes que estean nesta estado poderán ser editados polo profesorado.

O profesorado pode a través da icona que aparece na pantalla volver editar o informe. E pode realizar as dúas accións descritas no apartado anterior:

  • Gardar Informe
  • Enviar Informe

Pechados

Aqueles informes solicitados e que o/a titor/a pechou ou xa pasou a data da titoría. Os informes que estean neste estado só poden ser visualizalos.

A acción de pechar realízaa o/a titor/a. Unha vez pechados aparécenlle ao profesorado no grupo de Pechados.

Informes pechados



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 25 de Outubro do 2018, 15:16