3.1. O espazo titorías - Titor/a

  O espazo titorías - Titor/a

EDIXGAL

O "Espazo Titorías" é un módulo da plataforma EVA online creado co obxectivo de facilitar a colaboración entre os titores/as e o profesorado para obter información do alumnado e preparar as titorías cos pais.

O espazo titorías consta de dúas partes diferenciadas:

  • Espazo titorías - Titor/a, na que o titor pode solicitar un informe do/a alumno/a que desexe aos docentes que desexe.
  • Espazo titorías - Profesor/a, onde os profesores que recibiron a solicitude do informe dispoñen dun espazo para elaborar a súa resposta (informe) e envialo de novo ao titor..

Espazo titorías

Espazo titorías - Titor/a

O espazo para o titor/a mostra unha pantalla coa lista de alumnos do grupo do que é titor/a. Nesta pantalla poden apreciarse os seguintes datos dos alumnos:

  • Nome e apelidos
  • Data do último informe
  • Data da última titoría
  • Accións: visualizar e solicitar informe
  • Estados: iconas representando o estado do último informe solicitado.

Alumnado espazo titorías

As accións dispoñibles nesta pantalla son as seguintes:

  • Icono mais Solicitar un novo informe dese/a alumno/a
  • Icono seleccion Entrar no detalle dos informes do/a alumno/a

Na última columna da dereita titulada "Estado" podemos atoparnos cos seguintes estados posibles:

  • Icono pendente Pendente: indica que quedan docentes por responder ás solicitude de información
  •   Enviado   Enviado: indica que o informe está cuberto por todos os docentes aos que se lles solicitou información
  • Sen estado Sen estado: indica que a data da titoría pasou ou que non existe nigún informe para ese/a alumno/a.

Solicitar un novo informe dun alumno

Cando se pulsa sobre o botón Botón maisaparece a pantalla de solicitude de informe do/a alumno/a. Nesta pantalla o/a titor/a deberá introducir os datos que se solicitan nos seguintes campos:

  • Data titoría: esta data debe ser posterior ao día no que se crea
  • Motivo do informe: Breve descrición do motivo polo que se solicita este informe
  • Seleccionar un ou varios docentes para solicitarlles información sobre ese alumno, en relación ás materias de cada docente.

Os campos obrigatorios está identificados cun *

Solicitar titoría

Ao premer o botón de Gardar modificacións, a plataforma enviará aos docentes indicados unha mensaxe de que teñen un informe pendente.

A información introducida nesta pantalla será mostrada a todo o profesorado ao que se lle envía a solicitude.

Listaxe histórico de informes

Unha vez creada a solicitude, o/a titor/ debe premer o botón Icono listaxe na pantalla Listado de Informes de alumno/a para acceder ao histórico de informes.

Ao acceder a esta pantalla veremos que consta de dúas partes.

  • Visualización do listado de informes do alumno/a
  • Acceso ao detalle de cada informe

Na pantalla móstrase como ao seleccionar un informe ou titoría específico(a), visualízase o detalle do mesmo mostrando os docentes aos que se lle solicitou o informe, a materia, as accións dispoñibles e o estado das distintas solicitudes.

Listaxe histórico

Accións:

Editar Editar solicitude: permítese cambiar a data da titoría, o motivo e os docentes aos que se lles solicita o informe

Ver informe Ver informe: visualiza o contido da totalidade do informe. Ao premer esta icona, o/a titor/a tamén poderá introducir os seus comentarios finais e pechar o informe.

Unha vez pechado aparecerá o cadeado na columna de estado. Se pasada unha semana da data da titoría non se realiza o peche, o informe péchase automáticamente sen necesidade de intervención por parte do titor. Neste caso na columna de estado non aparecerá o cadeado.

Estados:

Esatdo pendente Pendente: O/a titor aínda non recibiu o informe por parte deste docente en concreto.

Enviado Enviado: O profesor/a enviou o informe solicitado.

PechadoPechado: Indica que o titor/a pechou o informe.

     Sen estado: Indica que o informe está pechado porque xa pasou máis de unha semana desde a data da titoría.



EDIXGAL
Última modificación: Xoves, 25 de Outubro do 2018, 15:16