1.1. Aspectos xerais do proxecto EDIXGAL

  Aspectos xerais do proxecto EDIXGAL

EDIXGAL

Co obxectivo de poñer en marcha un proxecto de educación dixital nos centros educativos galegos, o proxecto E-Dixgal arrancou no curso 2014/2015 co primeiro grupo de centros educativos que decidiron entrar no proxecto.

Profesorado e alumnado dos centros implicados desenvolven desde entón a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe que lles permite utilizar contidos e recursos dixitais para 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO procedentes de varios proveedores de contidos dixitais, así como tamén ofrece a posibilidade de creación de recursos propios de xeito individual ou participando en proxectos colectivos de creación de contidos dixitais.

EVA

Os docentes poden elaborar a súa propia “mochila dixital” seleccionando a través da plataforma dixital os contidos formativos e podendo incorporar os materiais complementarios que desexen, así como contidos de elaboración propia.  Ademáis estes centros tamén teñen a súa disposición o repositorio espazoAbalar con máis de  4.000 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas.

O alumnado pode acceder ao material seleccionado polo profesorado tanto a través dunha conexión a internet (modo online) como desde o seu netbook (modo offline). Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión a Internet nas súas casas, poidan seguir o curso sen dificultade. De feito, todo o avance que realicen sen conexión será sincronizado de maneira automática na plataforma online en canto o equipo do alumno volva ter conexión de rede.

O desenvolvemento desta iniciativa implica, así mesmo, a formación do profesorado e do alumnado. Neste sentido, a formación do profesorado é contínua tanto de forma presencial como na modalidade de teleformación, con cursos orientados a cada un dos perfís sobre o uso e vantaxes da plataforma.

O acceso á plataforma virtual de aprendizaxe é posible a través de calquera equipo con conexión a internet sempre que se faga uso das claves de acceso que lle serán entregadas ao alumnado no centro. Porén o alumno que así o desexe, ten a posibilidade de utilizar tamén na súa casa o seu equipo persoal (ordenador portátil) que emprega na clase, para o que deberá  solicitar no seu centro un formulario de cesión do mesmo, que devolverá asinado no prazo máis breve posible.

A utilización do ordenador portátil e das ferramentas e contidos dixitais instalados no mesmo é gratuíta para o alumno. As familias comprométense a que o alumnado realice un uso axeitado do equipamento informático, ao seu coidado e a unha utilización do mesmo vinculada á actividade educativa para a que se lle proporciona.

Estrutura tecnolóxica

O proxecto EDIXGAL está composto por múltiples plataformas interconectadas entre si, de maneira que cada unha delas convírtese nunha peza da estrutura do proxecto aportando as súas propias características e funcionalidades.

Estrutura tecnolóxica

Alumnado do proxecto EDIXGAL

O proxecto EDIXGAL comenzou inicialmente cun pequeno grupo de centros nos que se puxo en marcha o proxecto nas aulas de 5º de Educación Primaria. Non foi ata o segundo ano do proxecto cando se incorporaron novos centros e novos niveis educativos.

Curso académico
Niveis educativos
2014/15 5º de Primaria
2015/16 5º e 6º de Primaria e 1º de ESO
2016/17 5º e 6º de Primaria, 1º e 2º de ESO
2017/18 5º e 6º de Primaria, 1º e 2º de ESO
2018/19 5º e 6º de Primaria, 1º e 2º de ESO
2019/20 5º e 6º de Primaria, 1º e 2º de ESO

Cada ano, desde o ano 2014 (ano da posta en marcha do proxecto), incorpóranse novos centros educativos ao proxecto, de maneira que no curso 2019/20 xa participan no proxecto EDIXGAL un total de 347 centros educativos e máis de 27.000 alumnos.



EDIXGAL
Última modificación: Martes, 10 de Setembro do 2019, 12:33