Estructura corporativa de soporte técninco.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) é a responsable do soporte técnico dos elementos informáticos despregados nos centros educativos. Este soporte realízase principalmente sobre:

  • Infraestrutura de comunicacións do centro:
    • Cableado do centro
    • Infraestrutura wifi
    • Instalación e soporte da electrónica de rede
    • Mantemento das liñas de acceso a internet
  • Equipamento dotado dende a propia Consellería:
    • Equipos de sobremesa
    • Equipos portátiles
    • Impresoras
    • Pizarras Dixitais Interactivas
    • Cañóns de vídeo
    • Carros de carga de portátiles

Para a atención aos centro no tocante a apertura de incidencias técnicas existe a Unidade de Atención a Centros da Educación Galega (UAC) que funciona como punto central de recollida e escalado de información.

uac@edu.xunta.es

Tel.: 881 99 77 01

Ademáis, para todas aquelas cuestións non - normalizadas, os centros contan con persoal docente en comisión de servizos como Asesores Abalar (antigamente coñecidos como Asesores SIEGA) repartidos pola xeografía galega en 20 zonas xeográficas:

mapa asesores zona

Para poñerse en contacto co asesor/a correspondente chega con enviar un correo a abalar.zonadeterminada@edu.xunta.es:

abalar.allariz
abalar.barco
abalar.betanzos
abalar.burela
abalar.carballo
abalar.cee
abalar.coruna
abalar.estrada
abalar.ferrol
abalar.lugo
abalar.melide
abalar.monforte
abalar.ortigueira
abalar.ourense
abalar.pobra
abalar.pontevedra
abalar.tui
abalar.vigo
abalar.vilagarcia
abalar.zonacero

Na rede social do profesorado Redeiras irase publicando información de interese sobre o proxecto ABALAR.

O acceso a Redeiras e a través conta de correo electrónico do profesorado. Posteriormente hai que unirse aos grupos.

  • Para a coordinación e asesoramento dos dinamizadores Abalar co persoal da consellería acceder ao grupo " Coordinadores Abalar dos centros educativos" en Redeiras.. (Grupo pechado con acceso exclusivo para dinamizadores Abalar) .
Última modificación: Xoves, 13 de Outubro do 2016, 11:49