Cando non todo vai ben. Comunicación de incidencias

Protocolos a seguir na comunicación de incidencias técnicas.

1º Paso: Actuacións por parte do coordinador Abalar.

  • Incidencias sobre a pizarra dixital: consultar a información do documento Particularidades a ter en conta co EDI Smart 
  • Anomalías no funcionamento do portátil do profesor e dos ultraportátiles dos alumnos; seguir o procedemento de restauración explicado no documento Procedemento de clonación

  • Incidencias na visualizacion da imaxe polo videoproxector; tentar axustar a imaxe de maneira óptima empregando os consellos de utulización que atopanse no apartado Videoproxector do presente curso.
  • Problemas co armario de carga; seguir o procedemento que se presenta no apartado armario de carga do presente curso.
  • Incidencias de conectividade ; contactar coa UAC telefónicamente e seguir as indicacións e probas que se lle soliciten para a detección da posible causa.

2º Paso: Comunicación coa Consellería.

Despois de agotar todos os procedementos anteriormente descritos, e no caso de persistir a anomalía o centro debe poñerse en contacto coa UAC para comunicar a incidencia aos responsables do proxecto.

Para a comunicación enviar un correo electrónico á unidade de atención a centros (uac) con copia ao asesor abalar de zona correspondente; cos seguintes datos:

  • Remitente:conta de correo oficial do centro.
  • Destinatario:uac@edu.xunta.es;
  • CC: abalar.zona@edu.xunta.es ( subtituir a palabra "zona" pola zona abalar correspondente ao centro; exemplo abalar.burela@edu.xunta.es)
  • Asunto: indique o elemento do que se trata a incidencia; Encerado Dixital Interactivo, Videoproxector, Netbook, etc) Identificando o mais posible marca e modelo. Táboa coas marcas e modelos do equipamento abalar. Se é un centro E-DIXGAL faga referencia.
  • Corpo da mensaxe:proporcione os datos necesarios como:
    • código do centro
    • dotación á cal pertence (expediente)
    • número de serie
    • horario de contacto
    • descrición o máis detallada posible da incidencia e dos pasos seguidos para a súa identificación.
    • No caso de danos é necesaria fotografía na que se visualicen

Marcas e modelos do equipamento Abalar (independentes do ano)

  • Pizarra dixital: PDI Smart board Interactive 680 e da marca MultiClass

  • Videoproxectores: Epson EB480; Epson EB 460; Epson EB 440W.
  • Portatil do profesor ( portatil de aula) : Hp ProBook 4520s ( negro) ; Hp ProBook 4530s (gris) ; Hp ProBook 6550b ; Hp ProBook 6560b ; Lenovo Thinkpad L520; Lenovo Thinkpad L530; Lenovo Thinkpad L540; HP ProBook 450G1/G3/H4; Acer TravelMate P2

  • Portátil do alumno ( miniportátil ou ultraportátil); Noobi 10 160 Gb; Noobi 10 320 Gb; Pupil 104: HP ProBook x360 G1

  • Armario de carga: Educar 2010-2011; Educar 2012; Educar 2013; Educar 2014

    Última modificación: Xoves, 13 de Setembro do 2018, 10:41