A aplicación Open Sankoré como alternativa para o uso dos encerados dixitais

1. A aplicación Open Sankoré como alternativa para o uso do encerado dixital.

Ruta: Menú de Aplicativos - Educación - Open Sankoré.

Engádese na maqueta o software de control e uso do encerado dixital Open Sankoré . Este software complementa ás aplicacións comerciais dos distintos encerados distribuidos nos centros educativos. É unha aplicación libre que funciona independentemente do Sistema Operativo e da marca do encerado no que estemos traballando.

Open Sankoré foi deseñado polo Goberno Francés coa intención de alcanzar os obxectivos de desenvolvemento do milenio. A interface de Open Sankoré atópase traducida a 21 idiomas ( instálase no que teñamos configurado o sistema operativo), aínda que a maioría dos recursos e a súa páxina web están únicamente en francés.

Entre as ferramentas que proporciona atopamos as típicas, lápis, goma, suliñador, selector, punteiro láser, líñas rectas, texto, recortador de pantalla e teclado. Todas estas ferramentas pódense configrurar ( cambio de grosor, cambio de cor, etc) mantendo pulsado durante 3 segundos sobre elas. 

Podemos activar o botón dereito en calquera lugar do escritorio, mantendo pulsado o dedo durante 3 segundos.

E nos obxectos incrustables atopamos sons, vídeos, imaxes, animacións flash, elementos interactivos, aplicacións, formas, cartafol de favoritos e búsqueda en “planet Sankoré”.

Tamén permítenos navegar por Internet cun navegador nativo co que podemos, entre outras cousas, incrustar obxectos flash de calquera páxina web (só consultables on-line), navegar polos cartafois do ordenador cun navegador de ficheiros, amosar o escritorio, importar e exportar en diversos formatos (aínda que convén lembrar que os formatos dos editores de PDI comerciales son propietarios e incompatibles)

Para rematar, podes consultar no seguinte enlace  a un completo manual de usuario elaborado por Juan Miguel Aliaga García, baixo licenza (by-nc-sa), e cofinaciado polo Goberno de Murcia.

logo sankore

Enlace ao manual de usuario da aplicación Open Sankoré


Última modificación: Xoves, 7 de Xullo do 2016, 16:57