Especificicacións do novo Software.

A partir do curso 15-16 engádese ao equipamento abalar un novo software de control e uso da pizarra dixital. Este software complementa ao actual Smart Notebook ( somentes válido para productos Smart) e ofrece aos centros a posibilidade de traballar cunha aplicación totalmente libre.

Opèn Sankoré foi deseñado polo Goberno Francés coa intención de alcanzar os obxectivos de desenvolvemento do milenio, e crear un programa gubernamental destinado á alfabetización dixital, libre e gratuita para todos, especialmente orientada a África.

A interface de Open Sankoré atópase traducida a 21 idiomas ( instálase no que teñamos configurado o sistema operativo), aínda que a maioría dos recursos e a súa páxina web están únicamente en francés.

Entre as ferramentas que proporciona atopamos as típicas, lápis, goma, suliñador, selector, punteiro láser, líñas rectas, texto, recortador de pantalla e teclado. Todas estas ferramentas pódense configrurar ( cambio de grosor, cambio de cor, etc) mantendo pulsado durante 3 segundos sobre elas.

Podemos activar o botón dereito en calquera lugar do escritorio, mantengo pulsado o dedo durante 3 segundos.

E nos obxectos incrustables atopamos, sons, vídeos, imaxes, animacións flash, elementos interactivos, aplicación, formas, cartafol de favoritos e búsqueda en “planet Sankoré”

Tamén permítenos navegar por Internet cun navegador nativo co que podemos, entre outras cousas, incrustar obxectos flash de calquera páxina web (só consultables on-line), navegar polos cartafois do ordenador cun navegador de ficheiros, amosar o escritorio, importar e exportar en diversos formatos (aínda que convén lembrar que os formatos dos editores de PDI comerciales son propietarios e incompatibles)

Para rematar, podes consultar no seguinte un enlace a un completo manual de usuario elaborado por Juan Miguel Aliaga García, baixo licenza (by-nc-sa), e confinaciado polo Goberno de Murcia.

logo sankore

Acceso a Manual práctico de usurario de open sankoré .

Última modificación: Xoves, 7 de Xullo do 2016, 16:57