Esquema de tema

  • Xeral

    banner

    Manuais de servizos e aplicacións presentes no equipamento.

    Manuais de moitas das aplicación presentes nos equipos das aulas abalar e nos equipos formateados coa maqueta abalar libre.

    (Indicado de maneira específica as exclusivas de aulas abalar.)

    • EPOPTES: Ferramenta de control de aula. (Exclusivamente en equipos abalar)


      Logo Epoptes

      Epoptes , que significa observador en grego ( país de orixen da aplicación) é unha solución potente pero sinxela para a xestión remota das aulas.

      Epoptes é un software que trata de facilitar a tarefa do profesor na aula. Permite unha serie de accións sobre os equipos de aula tales como ver o que están a facer os alumnos, enviar mensaxes, executar aplicacións remotas, bloquear a pantalla, apagar e reiniciar un equipo entre outras

    • Carpetas compartidas cos ( e entre) alumnos. (Exclusivamente en equipos abalar)


      compartir

      O protocolo Samba facilita o intercambio de ficheiros entre sistemas.Os nosos alumnos poderán enviar dende os seus ultraportátiles traballos ao equipo do profesor e viceversa.

      Dótase ao equipamento abalar dunha funcionalidade amplamente demandada polo comunidade educativa.

    • Novo software da pizarra. Open Sankoré.


      Logo Open Sankore
      Open-Sankoré
      e un programa para Pizarras Dixitais Interactivas ( PDI) libre e gratuito compatible co calquera proxector e lápiz óptico.

    • Tema 4

      Redimensionando e rotando imaxes. Nautilus Imaxe Converter.


      redimensionar

      Nautilus Iimaxe Conve unha utilidade do mais sinxela coa que poderás rotar e modificar o tamaño das túas imaxes.

      Pode traballar con imaxes en calquera formato e realiza a modificación a base de porcentaxes, gardando as proporcións.

    • Gravación de contidos multimedia con K3B


      k3b

      O equipamento Abalar dispón dun potente programa ( K3B) que permite ao usuario manipular CD, DVD, HD DVD para agregar ou borrar datos.

      Para a súa utilización requírese dunha unidade de discos denominada "queimadora" ( presente no equipo do profesor) asi como de discos escribibles ou reescribibles.

    • Ferramentas de son. Audacity e VLC.


      audacity

      Á hora de traballar con ficheiros de audio, nalgún momento precisaremos eliminar ruídos de fondo en gravacións, amplificar sons, mesturar dous ou máis ficheiros de audio, aplicarlles diversos efectos, converter gravacións analóxicas a gravacións dixitais, converter arquivos de un formato a outro, cortar e pegar...


    • Tratamento de imaxes. Gimp


      gimp

      GIMP 2.6 é unha ferramenta informática que permite o retoque fotográfico ou de imaxes en software libre. De feito, GIMP é un acrónimo de GNU Image Manipulation Program.

      GIMP é unha boa alternativa a coñecidos programas de retoque de imaxes, como o programa de pago Adobe Photoshop.
    • Presentacións. Impress.


      impress

      Un programa de presentacións e un paquete de software empregado para mostrar información, normalmente mediante unha serie de diapositivas.

      Típicamente inclúe tres funcións principais: un editor que permite insertar un texto e darlle formato, un método para insertar e manipular imaxes e gráficos e un sistema para mostrar o contido de forma continua.

    • Ferramentas de video. OpenShot, RecordMyDesktop, etc.


      moblie

      A edición de vídeo e un proceso no que, un editor elabora un traballo audiovisual ou visual a partir de medios que poden ser arquivos de vídeo, fotografías, gráficos, ou animaciones