Saltar navegación

Termos de uso do software Smart Notebook

O software Notebook Edition vén incorporado co EDi de Smart Board que é parte do equipamento ABALAR para centros públicos do curso 2011-2012.

Este software é privativo e comercial e as condicións son as establecidas polo fabricante do produto:

  • A licenza do software SMART Notebook está incluída no produto SMART Board ™ Interactive Whiteboard, así que todos os centros que dispoñan deste encerado teñen tamén licenza para o Notebook.

  • O centro poderá utilizar este software en calquera ordenador conectado ó EDi de Smart.

  • Ademais, tamén pode ser utilizado nun número razoable de equipos asociados ó centro aínda que non estean conectados directamente ao encerado SMART.

    Deste xeito calquera profesor do centro educativo poderá empregar o Notebook tanto no ordenador da súa casa como en calquera outro ordenador do seu centro para crear material lectivo para o seu uso no EDi Smart Board da aula.

  • Sen embargo hai que aclarar que non está permitido empregar o software SMART Notebook cando o ordenador estea conectado a un produto non autorizado por Smart Board, ou sexa que non se pode empregar con encerados dixitais interactivos doutras marcas comerciais.

Poden consultarse con máis detalle os termos e condicións do software Smart Notebook no seguinte enderezo: http://www.smartnewsletter.es/news/news1/cas/noticias.HTML