Saltar navegación

Recuperación da clave de activación de Smart Notebook

Podería ocorrer que, aínda que teñamos o encerado rexistrado, perdéramos o número de activación do software Notebook ou o descoñezamos.

Nestes casos para recuperalo:

  1. Imos ó enlace: http://smarttech.com/nb10productkey

  2. Introducimos o número de serie.

    O número de serie do encerado atópase habitualmente nunha lapela situada na parte inferior do lateral dereito ou ben na parte traseira, tamén na zona inferior dereita.
  3. Introducimos un correo electrónico válido

    Smart Notebook, recuperar clave de activación

  4. Obteremos automaticamente o número de activación que nos corresponde

    Smart Board, clave de activación recuperada