Saltar navegación

Pasos a seguir

Os centros que adquiriran un EDi Smart Board polo súa conta deberían ter rexistrado dito produto para poder beneficiarse das melloras que o fabricante pon a súa disposición, como é:

  • ampliación do período de garantía do produto ata 3 anos (sempre que o rexistro se produza dentro dos dous primeiros anos que dura a garantía de orixe)

  • obtención do número de activación do software Smart Notebook incluído co EDi.

No caso do portátil de aula ou portátil do profesor ABALAR non é preciso realizar ningún tipo de rexistro ou activación. Nestes casos, se houbese algún problema, o centro debe contactar coa UAC ou co seu asesor de zona.

Pasos para o rexistro do EDi

  1. Acedemos a url http://smarttech.com/es/Product+Registration páxina de rexistro do hardware Smart Board Interactive

  2. Prememos sobre o botón "Continuar"

  3. Na páxina que se abre introducimos o número de serie do encerado e prememos sobre o botón "Validar" para comprobar que o produto aínda non está rexistrado

    O número de serie do encerado atópase habitualmente nunha lapela situada na parte inferior do lateral dereito ou ben na parte traseira, tamén na zona inferior dereita.
    Validar nº de serie para rexistro
  4. Unha vez validado prememos se amosará o nº de serie na dereita smart board rexistro. Nº de serie validado

  5. Prememos sobre o botón "Siguiente" e acedemos ó formulario de rexistro que debemos cubrir cos datos oficiais do centro (incluído a conta de correo electrónico) Smart board, formulario de rexistro 1Smart Board formulario de rexistro 2

  6. Unha vez rematado aparecerá unha mensaxe na que se indicará que o proceso rematou con éxito e que recibiremnos un correo confirmándoo xunto con outra infromación Smart board rexistro rematado con éxito
  7. No correo recibido se facilitarán outros datos adicionais como o número de activación do software Notebook. Smart Board correo de confirmación de rexistro e nº de activación do Notebook