Saltar navegación

Instalación do software Smart Notebook

O software Smart Notebook está ligado ao EDI Smart Baord e segundo, os termos de uso establecidos polo seu fabricante, pode instalarse no resto de equipos ligados ó centro (incluído os equipos dos que dispoñan os profesores nas súas casas) sempre que a única finalidade sexa a creación de material de traballo para empregar no EDi Smart Board da aula.

Se ten dúbidas sobre os termos de uso da licenza, consulte o capítulo de termos de uso.

No caso do portátil de profesor do equipamento ABALAR dito software xa está instalado e activado polo que non é preciso realizar nada. Nestes casos, se houbese algún problema, o centro debe contactar coa UAC ou co seu asesor de zona.

Para instalar o software noutro tipo de equipamento podemos descargalo dos seguintes enlaces externos proporcionados polo fabricante:

onde están dispoñibles todas as versións tanto para GNU-Linux, como para Windows e Macintosh.

Unha vez descargado siga as instrucións do fabricante indicadas na súa web.

Teña en conta que o que está instalando é unha versión de proba que ten un período de duración de 30 días, transcorridos os cales deberá vostede proceder a activar a licenza do produto ou a desinstalalo.

Teña tamén en conta que a versión do software e as súas funcionalidades é diferente segundo o sistema operativo, polo que é recomendable que instale sempre a mesma versión que teña no equipo da aula. Noutro caso podería atoparse con que as actividades deseñadas no equipo co que traballe (na casa, ou no departamento ou na sala de profesores) non funcionen axeitadamente no equipo da aula.