Saltar navegación

4. LED indicador do estado e identificación de avarías

O LED indicador do estado atópase na parte inferior esquerda do marco da pantalla. Esta luz é transmitida dende o led da tarxeta SC9 ou SC12 á superficie do marco.

Esta luz denota os estados operacionais do controlador SC tal como se describe a continuación:

Cor

Indica

Procedemento a seguir

Vermello

A pantalla recibe corrente eléctrica pero non se comunica correctamente co ordenador

  1. Verificar que o cable USB estea debidamente conectado do ordenador ao encerado

  2. Probe con outro cable USB en bo estado.

  3. Comprobe o correcto funcionamento dos portos USB do ordenador.

  4. Reinstalación de software:

    1. No caso de equipos NON ABALAR: Probe a reinstalar o software.

    2. No caso dos equipos ABALAR deberá restaurar maqueta do equipo de profesor.

Verde Constante

A pantalla recibe alimentación eléctrica e se comunica correctamente co software de SMART Board. Todo correcto

Funcionamento normal

Verde intermitente

Non se atopa o software adicional de Smart Notebook.

Nestes casos, o encerado recibe alimentación eléctrica e se comunica co controlador USB HID do SO do ordenador.

Funciona perfectamente como pantalla interactiva sensible ao tacto pero non funcionan as ferramentas adicionais de SMART Board ou os rotuladores da bandexa.

Instalación do software adicional:

Equipos NON ABALAR: Instalar software completo de SMART Board no caso de querer empregar as ferramentas adicionais.

Equipos ABALAR: funcionamento normal.

Ámbar

Se a luz indicadora pestanexa ou está constantemente acendida de cor ámbar: o SC está en “Modo Cargador de arranque” ou se detectou un erro de suma
de comprobación.

  1. Restableza [1] o controlador SC9 ou SC12 da pantalla interactiva. Volve a cargar a memoria flash do controlador

  2. Actualizar o firmware do controlador:

    1. Equipos non ABALAR: Conectar a tarxeta ao ordenador por medio do cable USB e abrir o programa smartfirmwareupdate (debe ter conexión a internet). Cando o SC está en “modo de cargador de arranque” de SMART, pódese descargar o firmware para actualizalo. A velocidade de parpadeo indica o nivel de actividade durante a descarga.

    2. Equipos ABALAR: na versión actual de software proporcionada polo fabricante non é posible actualizar o firmware en sistemas operativos GNU Linux. Neses casos o centro deberá notificar a incidencia á UAC.

Luz indicadora non se acene

A controladora non recibe corrente eléctrica ou esta non é suficiente

     
  1. Revisar que estea correctamente conectado o cable USB nos dous extremos.

  2. Comprobar os portos USB do ordenador.

  3. Cambiar o cable por un USB máis curto e en perfecto estado. Nunca alargar o cable cun prolongador común (sen alimentación)




[1] O botón restablecer está situado no bordo do módulo controlador o que permite restablecer o controlador doadamente. Por estar afundido, este botón non se pode premer accidentalmente. Pode usar a punta dun rotulador da bandexa para premelo. Pode consultar este documento para localizar dito botón: http://downloads01.smarttech.com/media/sitecore/es/support/product/smartboards-fpd/600sbd600series/guides/usersguidesb600_d600v03nov11.pdf

NOTA: se se mantén premido o botón "Restablecer" por máis de tres segundos, bórranse todos os datos de orientación de 4 ou 9 puntos gardados na memoria do módulo controlador e se restablecen as configuracións de aliñación predeterminadas de fábrica. Non obstante, como os datos de orientación de 20 puntos gárdanse no ordenador, consérvanse mesmo despois do restablecemento.