3. Limpeza da superficie de escritura
Antes de limpar a pantalla interactiva SMART Board, desconecte o ordenador.
Para ver a suciedade e as raias máis facilmente, coloque o proxector en modo inactivo (lámpada apagada).
Indicacións para manter limpa a superficie da pantalla
-
Non empregue rotuladores de borrado en seco sen olor porque son difíciles de borrar.
-
Non empregue rotuladores permanentes ou de tinta indeleble.
-
Borre a tinta canto antes. Canto máis tempo permaneza a tinta sobre a superficie, máis difícil será borrala.
-
Elimine o exceso de suciedade cun pano suave húmido antes de usar un líquido limpador.
-
Se o borrador non elimina por completo as marcas de tinta empregue un limpacristais de uso doméstico. Non pulverice o limpador directamente sobre a superficie da pantalla. En lugar diso pulverice unha pequena cantidade sobre un pano e limpe a pantalla suavemente.
-
Debe evitar que o exceso de limpacristais penetre entre o marco inferior e a superficie de escritura ou na bandexa do rotulador.
-
Use alcohol isopropílico para quitar manchas rebeldes e aureolas.
Limpeza de manchas de tinta indeleble
-
Para eliminar marcas feitas cun rotulador indeleble, pode usar un rotulador limpador do tipo Sanford EXPO Dry Erase Board Doctor. Escriba directamente sobre a mancha de tinta indeleble con este rotulador. Deixe que a solución se seque e logo pase un pano.
-
Tamén pode usar un rotulador de borrado en seco con olor. Cubra a tinta indeleble con tinta de borrado en seco e limpe cun pano suave mentres a tinta estea húmida. Se queda calquera rastro da tinta, pulverice a área cun limpacristais normal ou cun produto de limpeza de pantallas e pase un pano suave pola zona.
Desinfección da pantalla
En caso que fose necesario, pode desinfectarse a pantalla seguindo as indicacións do fabricante: http://www.smarttech.com/es/Support/Browse+Support/Support+Documents/KB1/133351.aspx
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0