Saltar navegación

O software (maqueta) do equipo de Aulas Dixitais

 

logo debian

No marco do proxecto Aulas Dixitais, os portátiles de aula Lenovo L540 distribúense cunha maqueta (sistema operativo + aplicacións instaladas) plenamente funcional e similar á existente nas aulas do proxecto Abalar.       

   

Esta situación presenta as seguintes vantaxes:

  • Uniformidade da maqueta en todas as aulas de todos os centros educativos públicos de Galicia desde 5º de primaria ata 2º de bacharelato.
  • Posibilidade en breve de dispor da mesma maqueta en todo o equipamento corporativo distribuído nos últimos quince anos pola AMTEGA ( antigamente  Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), o que permitirá universalizar o software de todo o equipamento corporativo.
  • Esta situación presenta, entre outras, as seguintes ventaxas adicionais:
    • Dado que os requirimentos para correr esta maqueta son moito menos esixentes que os equivalentes en sistemas Windows, moitos equipos antigos con sistemas operativos obsoletos como Windows XP volverán a ser plenamente funcionais.
    • Desaparición da problemática das licenzas para os sistemas operativos e aplicacións ao tratarse de software libre e gratuíto.
    • Eliminación dos problemas causados por virus informáticos e malware de Windows.
    • Maior robustez do sistema operativo, o que facilitará o mantemento do mesmo.

No seguinte enlace pódese consultar a lista do software instalado na maqueta dos equipos de Aulas Dixitais.

Pero cal é exactamente a nosa distribución do sistema operativo GNU/Linux?

Empregando a consola para averiguar a distribución e e a arquitectura do sistema operativo

TRUCOS PARA ESCRIBIR NO TERMINAL

Cando abrimos un terminal existen dúas opcións moi interesantes a ter en conta:

  • Coa tecla do cursor "hacia arriba" podemos recuperar sucesivamente desde o máis recente ata os menos recentes os diferentes comandos que fomos executando con anterioridade sen necesidade de volver a teclealos.
  • Co tabulador podemos ir completando as rutas ou os comandos de xeito sinxelo, pois o propio sistema vai autocompletando a medida que imos escribindo.
    • Por exemplo, se escribimos "lsb_" e a continuación pulsamos o tabulador automaticamente se completa o comando: lsb_release.
    • Por outra banda, se ao introducir o comezo dun comando e pulsar tabulador non aparece nada deberemos pulsar novamente o tabulador para que o sistema nos informe das diferentes posibilidades. (O sistema non pode autocompletar o comando se existe máis dunha posibilidade ou simplemente non existe). Por exemplo, escribir no terminal "lsb" e pulsar tabulador unha vez. Observamos que non acontece nada... Pero se pulsamos o tabulador novamente o sistema suxire dúas posibilidades: lsblk e lsb_release.