Saltar navegación

Instalación dun teclado virtual flotante

 

Unha das vantaxes de dispor dun encerado dixital interactivo nunha aula é o dinamismo que concede ao profesorado á hora de presentar os seus contidos.

En moitas ocasións, pode ser preciso introducir un texto nunha determinada aplicación, facer unha busca en internet,  e o profesor debe desplazarse do encerado ata o teclado do equipo para poder escribir o texto en cuestión.

Por outra banda, hai determinadas aplicacións xa instaladas na maqueta como Open Sankore ou Multiclass Book que incorporan teclados flotantes, pero que non se poden empregar fora das mesmas. Ademais, presentan moitos problemas de compatibilidade co idioma castelán/galego pola imposibilidade de empregar a "ñ" ou de empregar tiles para acentuación.

A continuación describirase a instalación dun teclado flotante virtual compatible con calquera aplicación e que permite o emprego de calquera carácter propio do castelán/galego

Instalación gráfica do teclado virtual flotante xvkbd

Creación dun iniciador no panel superior.

Cambiar a configuración do teclado virtual xvkbd para que arranque sempre coa configuración "spanish"

Acentuación co teclado virtual xvkbd