Saltar navegación

Instalación de novos aplicativos mediante paquetes deb. O instalador de paquetes GDebi

 

Non todos os programas que podemos instalar en GNU/Linux se atopan nos repositorios.

En ocasións, será preciso descargar para a instalación un ficheiro coa extensión .deb que deberemos instalar de xeito manual.

Esta operación pode facerse de xeito gráfico, a través do Menú de aplicativos --> Sistema --> Instalador de paquetes GDebi ou ben de en modo consola mediante o comando dpkg

Instalación de Dropbox no equipo de Aulas Dixitais

A modo de exemplo explicarase como instalar un paquete deb no noso sistema, concretamente Dropbox.

(En xeral esta aplicación non será unha opción moi interesante en Aulas Dixitais, pois todos os profesores accederán á mesma carpeta por arrancar o sistema unicamente cun único usuario ("usuario"). Ilústrase a súa instalación a modo de exemplo.