Saltar navegación

Engadir unha impresora de rede

 

Para engadir unha impresora de rede seguiranse os seguintes pasos: Menú de aplicativos --> Configuración --> Print Settings

impresorarede

Facemos click en "Engadir".

O sistema solicitará a identificación como usuario root

Ao pinchar en "Network Printer" o sistema detectará automaticamente as impresoras de rede ás que se pode ter acceso.

impresorarede2

No seguinte paso haberá que escoller o driver para a impresora. En sistemas operativos GNU/Linux adoita ser un arquivo PPD. Polo xeral os drivers poden descargarse da páxina web do fabricante das impresoras.

De non atopalo, sempre pódese probar cun driver xenérico.

impresorarede3

impresorarede4

Podemos personalizar o nome/descrición co que o sistema operativo amosará a impresora instalada:

impresorarede5

Ao facer click en "Aplicar" xa temos a impresora instalada.

A partir deste momento poderemos imprimir unha páxina de proba ou calquera outro documento.

impresorarede6

impresorarede7