Saltar navegación

Engadir unha impresora conectada a un equipo con Windows. Samba

 

Neste apartado explicarase como acceder desde o noso equipo Debian a unha impresora conectada directamente a un equipo con sistema operativo Windows. Loxicamente a impresora debe estar compartida como se amosa na imaxe.

As capturas de pantalla fan referencia a un sistema operativo Windows 10 coa impresora HP PhotoSmart B110

impresora compartida en windows 10

Accedemos ao menú de aplicativos --> Configuración --> Print Settings

En "Network Printer" selecciónase "Windows Printer via Samba"

samba

O sistema detectará na rede os posibles grupos de traballo con elementos compartidos.