Saltar navegación

Configuración do Escritorio

 

Os portátiles de Aulas Dixitais son equipos de uso compartido por varios profesores. Por esta razón, inicialmente ven deshabilitada a opción de gardar arquivos ou de amosar iconas no escritorio, xa que existe unha tendencia xeneralizada de empregar o escritorio como caixón de sastre para almacenar información de forma desordenada e confusa.

Podemos cambiar este comportamento predefinido no menú Aplicativos --> Configuración --> Xestor da configuración --> Escritorio

Escritorio1

Habilitar o escritorio para amosar as iconas da carpeta persoal de usuario, o sistema de ficheiros, a papelera do lixo, ou os dispositivos extraíbles conectados ao equipo