1.8. Portal
Por defecto o sistema de correo está configurado para que a páxina de entrada dun usuario sexa a bandexa de entrada do correo (menú “Entrada”). Para ir ao Portal hai que facer clic no enlace correspondente do menú da barra lateral esquerda.
Este módulo contén un resumo con datos doutros módulos como se pode observar na figura de debaixo. Ademais pode ser configurado a medida polo usuario pulsando o enlace “engadir contido”.
Ademais, na opción “Preferencias” do portal (menú lateral esquerdo) o usuario pode configurar diferentes opcións como as categorías, idioma e hora, identidades alternativas, ...
Última modificación: Luns, 18 de Xaneiro de 2021, 14:30